Samu Pereiro fai as maletas e cambia o Teucro con destino a Eivissa
Por Redacción
Primeiro contratempo na planificación da Sociedad Deportiva Teucro para a próxima tempada, na que volverá competir na División de Honra Prata.
Nese novo proxecto non estará Samu Pereiro, un dos homes importantes o último curso nos plans de Irene Vilaboa, e que deixa a entidade despois de catro tempadas.
O lateral esquerdo fai as maletas e márcha ás Illas Baleares, tras ser confirmado como novo xogador do HC Eivissa.
Os plans do Teucro pasan por tentar dar continuidade ao bloque da última campaña, pero no caso de Pereiro non foi posible chegar a un acordo para a súa renovación.
Samu chegou á entidade azul na campaña 17/18 compaxinando durante dous anos o filial de Primeira Nacional con participacións no primeiro equipo na Liga Asobal. As dúas últimas tempadas foi xa de pleno dereito xogador do primeiro equipo en Prata.
"Desde o club queremos agradecerlle o traballo destes anos e desexarlle sorte nos seus próximos proxectos", sinalou o Teucro para despedir ao xogador confirmando a primeira baixa no equipo.
Relacionadas:
-
O canteirán David Rey abandona o Teucro por motivos académicos
Por Redacción |
-
Iago Rodríguez, sexta peza confirmada para o Teucro 21-22
Por Redacción |
-
A terceira renovación do Teucro para o próximo curso é Alejandro Gómez
Por Redacción |
-
O Teucro renova a Miguel Sío para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Caue Herrera, primeira renovación no Teucro 21/22
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa renova e afrontará a súa segunda campaña como adestradora do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Vitoria de ouro para o Teucro, que salva a categoría tras vencer o Ikasa Madrid por 22-26
Por Almu Dapena |