O Concello celebra o "mellor resultado do Monte Porreiro na súa historia"
Por Diego Espiño
A medalla de bronce conseguida polo equipo masculino do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Copa do Rei celebrada esta semana en Antequera "é o mellor resultado do Monte Porreiro na súa historia", recoñece o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, pero "seguirán moitos máis porque cando hai un bo equipo de xente traballando e unha base potente detrás os resultados acaban chegando".
Así o defendeu o rexedor da capital na recepción ofrecida polo Concello ao club deportivo nunha tempada na que lograron tamén a permanencia na Supervisión Masculina e na que disputaron a fase de ascenso á máxima categoría feminina.
"Isto é un recoñecemento público para que a xente saiba que temos un equipo que compite con garantías en categorías estatais e nos sentimos orgullosos", defendeu Lores recoñecendo que "hai moito traballo detrás de todo esto, pero o que me gusta máis é que hai nenos e nenas que están aprendendo a xogar".
Ao seu lado, o edil de Deportes, Tino Fernández, engadiu "o tenis de mesa vén crecendo en Pontevedra a aportando valor dende hai anos, cada ano máis".
Ambos os dous lembraron tamén o compromiso da administración local para dotar o club e á cidade dunha instalación propia para a práctica do tenis de mesa, un aspecto no que "estamos traballando", sinalaron.
Relacionadas:
-
Un "salto de calidade" para o tenis de mesa feminino na cidade
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ilusión no TM Monte Porreiro ante a posibilidade de debutar en competición europea
Por Diego Espiño |
-
Histórico podio do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O tenis de mesa triunfa no Príncipe Felipe cos campionatos galegos
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro ata na última xornada a permanencia na Superdivisión
Por Diego Espiño |