A 4 Picos Road sobrevive á choiva e celebra a súa cuarta edición
Por Redacción & Cristina Saiz
Os ciclistas afeccionados volveron encher as estradas da comarca coa celebración da cuarta edición da Pontevedra 4 Picos Road 'Clásica Evaristo Portela', en homenaxe ao director deportivo do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
Concretamente, 500 deportistas difrutaron dunha xornada de ciclismo na que o tempo respectou aínda que choveu por momentos.
A saída foi ás 9:00 horas desde a Avenida de Montero Ríos para partir cara ás zonas habilitadas de 90 e 121 quilómetros.
Os primeiros 26 quilómetros, ata Moraña, foron de forma de neutralizada. A partir de alí cada ciclista foi ao seu ritmo dirixíndose a Campo Lameiro e Fentáns, desde onde se iniciou o primeiro tramo cronometrado, de 5 quilómetros, ata Cuspedriños.
O final da distancia curta foi no paso por Famelga, Aguasantas, Laxoso, Ponte Caldelas e Marcón, pero aos ciclistas de distancia longa aínda quedaba por acceder ao Lago de Castiñeiras desde Tomeza, polo tramo máis complicado coñecido como 'Muro de San Xulián'.
Consulta as clasificacións da 4 Picos Road 'Clásica Evaristo Portela'