Ilusión no TM Monte Porreiro ante a posibilidade de debutar en competición europea
Por Diego Espiño
O Tenis de Mesa Monte Porreiro está moi preto de dar un paso máis na súa historia e converterse no segundo equipo deportivo da cidade en disputar unha competición continental.
Fíxoo a Sociedad Deportiva Teucro en Copa EHF de balonmán na tempada 95-96, e o Visit Pontevedra está a piques de seguir eses pasos na ETTU Cup, segunda competición europea en importancia no seu deporte tras a ETTU Champions League.
No club pontevedrés están ilusionados con esa posibilidade tras quedar hai un ano co mel nos beizos ao ser desposuídos da praza europea que tiñan gañado coa súa tempada na Superdivisión. Todo por non disputar a Copa do Rei, tal e como esixe o regulamento da Real Federación Española de Tenis de Mesa.
"Lo del año pasado fue un jarro de agua fría", recoñece Nando Álvarez, director técnico do club rememorando aquela situación. Con todo, 13 meses despois, deuse a volta á tortilla e a mesma norma pode darlle acceso ao Monte Porreiro á ETTU Cup.
O Visit Pontevedra concluíu a súa participación na liga de Superdivisión na cuarta posición do seu grupo, que sería a sétima en total a teor das puntuacións de todos os equipos da máxima categoría. Tendo en conta que só o campión, o Priego TM, disputará a Champions, e catro máis accederán á segunda competición continental, os números non sairían a primeira vista, de non ser pola renuncia de dous equipos con maior puntuación a estar na recente Copa do Rei, na que os pontevedreses colgaron a medalla de bronce. Eses clubs serían o CD Huétor Vega e o CTM Murcia.
Nesta situación o Monte Porreiro vese como quinto mellor equipo aspirando por tanto á última praza europea, e así llo fixo saber á Real Federación Española de Tenis de Mesa á espera dunha resolución oficial.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro renuncia ao soño europeo da Trophy Cup: "É unha decisión moi dura"
Por Diego Espiño |
-
Esforzo sen recompensa para o Monte Porreiro na primeira xornada do seu histórico debut en Europa
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro pon rumbo á República Checa para debutar en Europa "sen presión"
Por Diego Espiño |
-
O debut do TM Monte Porreiro en Europa xa ten data e sede: 22 e 23 de outubro na República Checa
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro coñece aos seus primeiros rivais europeos
Por Diego Espiño |
-
O internacional Míguel Ángel Vílchez e o ruso Ilia Isakov, reforzos do Monte Porreiro para o seu desafío europeo
Por Diego Espiño |
-
Salto cara a Europa do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que xogará a ETTU Cup: "É un feito histórico na cidade"
Por Diego Espiño |
-
Un "salto de calidade" para o tenis de mesa feminino na cidade
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Concello celebra o "mellor resultado do Monte Porreiro na súa historia"
Por Diego Espiño |
-
Histórico podio do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O tenis de mesa triunfa no Príncipe Felipe cos campionatos galegos
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro ata na última xornada a permanencia na Superdivisión
Por Diego Espiño |