Bueu empápase de balonmán praia dous anos despois
Por Redacción
Dous anos despois o balonmán praia galego puido poñerse de novo marcha, e fíxoo nunha das súas sedes preferidas como é Bueu.
A localidade do Morrazo acolleu durante a fin de semana a primeira das citas previstas no calendario autonómico este verán.
Foron tres días de actividade na que tomaron parte máis de medio milleiro de deportistas repartidos en 67 equipos das categorías de base e sénior.
O sábado, con ata 96 partidos repartidos en catro pistas, foi a xornada de maior actividade, mentres que o domingo disputáronse as eliminatorias e finais das principais categorías.
Ao final os vencedores absolutos foron PTV Handstrand na categoría masculina e Espartanas na feminina. Ademais tamén triunfaron BMP Painkillers (alevín mixto), Veba os da jrada (infantil masculino), Espartanas SAR (infantil feminino), Luceros (cadete masculino), Veba Water (cadete feminino), Servisub Area Bueu (xuvenil masculino) e CMP Painkillers (xuvenil feminino).