Aarón González, ouro no Campionato de España de Boxeo
Por Redacción
Os resultados seguen acompañando esta tempada a Aarón González, a pesar das dificultades que tivo que afrontar nos últimos meses.
O púxil marinense regresou do Campionato de España de Boxeo Olímpico en categoría Elite celebrado en Palencia coa medalla de ouro ao pescozo.
É unha medalla agridoce, aínda que todo un premio ao seu traballo e momento de forma, e é que chega a pesar de perder na final do torneo nacional, pero ao enfrontarse a un rival que a pesar de representar a Cataluña era de orixe estranxeira non podía optar ás medallas. Esa derrota fronte a Elías Sebastián Pinoargote non embaza en todo caso o seu bo campionato, ao superar tres esixentes roldas previas fronte aos representantes de País Vasco, Madrid e Comunidade Valenciana.
"Non soamente estou orgulloso polo combate (que perdo, pero ao ser o meu rival estranxeiro non lle conta como vitoria para o campionato), senón polo campionato e por unha tempada espectacular. Conseguimos algo que non saía nos últimos anos, que era poder estar a competir ao nivel dos mellores. Podemos pechar o curso dicindo que foi a mellor tempada da miña carreira deportiva a pesar de todo o que estamos a vivir", explicou tras a competición o deportista do Team Thunder de Marín.
Este resultado únese aos conseguidos nos últimos meses como a medalla de prata no Campionato de España de Clubs, sendo ademais un gran broche á súa tempada.
Relacionadas:
-
Aarón González asina un inicio de tempada en modo MVP
Por Redacción |
-
Velada máxica de boxeo na Cañota coa III Copa Galicia
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Dobre cita co mellor boxeo galego en Portonovo e Marín
Por Redacción |
-
Yohana Jiménez, campioa de España júnior de boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González regresa ao cuadrilátero con vitoria e coa vista posta na Copa Presidente
Por Redacción |
-
Aarón González, clasificado para o Campionato de España Absoluto de boxeo
Por Redacción |
-
Prata para Aarón González no Campionato de España de Boxeo de Clubs
Por Redacción |