O Peixe Galego confirma a súa inscrición na Liga EBA

Por Redacción
Gañárao na cancha, pero agora xa é oficial. O Peixe Galego competirá a próxima tempada na Liga EBA.
A Federación Española de Baloncesto pechou o período de inscrición para as súas competicións confirmando o cadro marinense na cuarta categoría nacional, unha vez analizados os requisitos de aval e inscrición esixidos.
O Peixe Galego, que o pasado ano caera tres categorías de golpe por problemas burocráticos, confirma desta forma o paso dado na pista ao proclamarse campión da Primeira Nacional Masculina impoñéndose na fase final disputada a finais de maio en Noia.
En canto á nova tempada en EBA, os da Raña competirán no Grupo B da Conferencia A (a categoría consta de cinco conferencias).
Como rivais terá a outros equipos galegos pero tamén a asturianos e castelán-leoneses. Universidad De Valladolid, Ávila Auténtica 'El Bulevar', CB La Flecha, ULE Basket León, Leclerc Caja Rural CB Tormes, Claret, Gijón Basket, Liberbank Oviedo Baloncesto, Culleredo, Santo Domingo Betanzos, Porriño Baloncesto Base, Obradoiro Silleda, Ucoga Seguros C.B. Chantada-Ensino, Bosco Salesianos Ourense e Baloncesto Venta de Baños.