A Xunta asina os contratos de patrocinio con 43 equipos da área de Pontevedra
Por Redacción
O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra foi o escenario elixido este venres pola Xunta de Galicia para asinar os contratos de patrocinio que lle vinculan cos clubs deportivos da comarca.
En concreto son 43 os equipos (22 masculinos, 20 femininos e 1 mixto) os que se benefician nesta ocasión na área pontevedresa do Plan de Patrocinio Publicitario de Equipos de Alta Competición de Galicia da Fundación Deporte Galego.
As achegas que reciben no seu conxunto chegan aos 516.524,64 euros, supoñendo o 19% do total de equipos patrocinados en Galicia.
No acto o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, confirmou que por primeira vez desde a súa creación realizarase un cambio nos prazos para adecuar o plan ao calendario de competición dos equipos galegos, de forma que en setembro está previsto aprobar o Plan de Patrocinio correspondente á tempada 2021-2022.
Os clubs patrocinados por Deporte Galego en Pontevedra e a súa zona de influencia son: AD Cortegada, CB Arxil e o seu filial e Marín Peixe Galego (baloncesto); Asmubal Meaño, Club Cisne Balonmán, Sociedad Deportiva Teucro e Balonmán Lalín (balonmán); Atlético Arousana, Viajes Interrías Fútbol Femenino, Umia C.F. e Pontevedra CF (fútbol); Marín Futsal (fútbol sala feminino); Pontevedra Rugby Club (rugby); Tenis de Mesa Monte Porreiro feminino e masculino, Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa, Club Cambados Tenis de Mesa e Tenis de Mesa Monte Porreiro B (tenis de mesa); Sociedad Gimnástica de Pontevedra feminino e masculino; Club Bádminton Ravachol Pontevedra (bádminton); Club Escola Hungaresa de Esgrima (esgrima); Club Halterofilia Rías Baixas feminino e masculino (halterofilia); CMDC Breogán do Grove feminino e masculino, Club de Piragüismo As Torres Romaría Vikinga de Catoira feminino e masculino, Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, Club Náutico Pontecesures feminino e masculino, Club Escola Piragüismo Poio feminino e masculino, Club Náutico O Muiño, Club Piragüismo C. P. Portonovo feminino e masculino, Club Piragüismo Vilaboa, Club Naval de Pontevedra, Club Piragüismo Verducido e Club Piragüismo Illa de Arousa (piragüismo); Club Ciclista Farto - Aguas do Paraño e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz (ciclismo).