Julio Bouzas asume a dirección do equipo sénior feminino do Teucro
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro mantén a súa intención de impulsar cada vez máis a súa estrutura feminina, e para iso a continuidade do seu equipo sénior é unha prioridade.
Para o segundo ano de vida deste equipo a xunta xestora teucrista chegou a un acordo co adestrador Julio Bouzas, que asumirá a súa dirección.
Formado como xogador no Club Deportivo Cultural Balonmán Ribeiro, chegou ao Teucro na tempada 19-20 para adestrar ao alevín feminino, dando un paso adiante o último curso compaxinando a dirección do infantil feminino da entidade co posto de axudante no sénior feminino.
"O seu carisma e o seu gran traballo durante estes dous anos convérteno no candidato perfecto para dirixir o equipo sénior feminino. Ademais, o seu espírito loitador e a súa mocidade serán un aliciente para dar continuidade ao proxecto", sinala o club pontevedrés.
Pola súa banda Julio Bouzas recoñeceu que "me fai bastante ilusión este proxecto", para o que se marca como obxectivo "ir evolucionando co equipo e ir mellorando partido a partido".
Relacionadas:
-
Tres xuvenís do Teucro, complemento ao primeiro plantel
Por Diego Espiño |
-
O primeira liña Álvaro Moreno, terceiro reforzo do Teucro
Por Redacción |
-
Cristian Remeseiro rexeita a oferta de renovación do Teucro
Por Diego Espiño |
-
O porteiro alemán Joshua Rau, primeira fichaxe do Teucro
Por Redacción |
-
Sétima renovación no Teucro coa continuidade de Ricardo González
Por Redacción |
-
Federico Wermbter non seguirá no Teucro
Por Redacción |
-
O canteirán David Rey abandona o Teucro por motivos académicos
Por Redacción |