O Barro CF renova o convenio anual co Concello para a promoción do deporte base
Por Redacción
O Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o presidente do Barro CF, José Sanmartín, asinaron este luns un novo convenio de colaboración.
En virtude do mesmo a administración local achegará ao club 6.000 euros para o seu mantemento, funcionamento e desenvolvemento.
Trátase dun acordo que busca fomentar o deporte base entre os mozos do municipio.
Ademais do convenio, o Concello comprometeuse a realizar investimentos a maiores para mellorar as condicións das instalacións deportivas e do material. Neste sentido, entre outros asuntos está previsto estrear un novo marcador electrónico no campo de Outeiro e achegarase unha axuda extra de 1.700 euros para renovar o material de adestramento.
"Queremos que a volta ao deporte en equipo dos nenos de Barro despois de tantos meses de parón sexa nas mellores condicións posibles, tanto desde o punto de vista da seguridade como do deportivo", sinalou o alcalde tras a firma.