Alexis Viéitez coróase na primeira edición do 'RallyMix' de Ribadumia
Por Redacción & Cristina Saiz
A primeira edición do RallyMix de Ribadumia, organizado pola Escudería Desguaces Tino Racing e a Escudería Charli Romeo, encheu o municipio de automóbiles durante os días 24 e 25 de xullo.
Foron moitos os afeccionados os que se achegaron aos postos instalados para gozar do percorrido desta segunda cita puntuable do certame autonómico da especialidade mixta de asfalto e terra.
Así, desde as 12:30 horas do sábado, os corredores comezaron a competición composta por 5 pasadas cronometradas nos 8,9 quilómetros de traxecto, mentres que o domingo, a partir das 10:30 horas, disputáronse as dúas últimas carreiras.
O vencedor da edición en Clase A foi Alexis Viéitez, do Buxa Motor Poio, que conseguiu o primeiro posto cun crono total de 34:59.263. Abel Jurado, do Yacar Racing, foi segundo con 35:08.223, mentres que Sergio Fernández, do Galicia Motorsport completou o podio cun tempo de 35:32.526.
Pola súa banda, en Clase B foi José Fernández, do Yacar Racing, o que fixo o menor tempo (35:43.813) nos 8,9 quilómetros que había que percorrer. Celestino Iglesias, do Desguaces Tino Racing foi segundo (37:32.904) e o seu compañeiro de escuadra, Jaime Pérez, marcou o terceiro mellor crono (37:55.326)
Finalmente, o podio da 7ª Copa Pirelli K6 formárono o piloto da escuadra Desguaces Tino Racing, Joa Castela (39:25.294), David Varela, do RVS Motorsport (40:17.433) e Marcos Lista, do Mais Motor (40:28.447).
A entrega de trofeos e de medallas celebrouse ás 16:30 horas na Biblioteca de Ribadumia.
Relacionadas:
-
O RallyMix de Ribadumia aposta por crecer na súa segunda edición
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Automobilismo aproba o seu pre-calendario de competición para 2022
Por Diego Espiño |
-
Alfonso Ventín estrea o palmarés do RallyMix de Portas
Por Redacción |
-
Portas estréase no calendario autonómico de RallyMix
Por Redacción |
-
Javier Ramilo triunfa na cuarta edición do 'RallyMix' de Cuntis
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O RallyMix de Cuntis pecha a lista de rexistrados con 84 pilotos, entre eles Christine GZ e Nil Solans
Por Manu Otero |
-
Ribadumia quece motores para a primeira edición do seu 'RallyMix'
Por Redacción |
-
As subidas a Pontevedra e Marín e os Rallymix de Cuntis e Ribadumia, no precalendario 2021 do automobilismo galego
Por Diego Espiño |