O Pontevedra cita 25 futbolistas para iniciar a pretempada
Por Almu Dapena
O Pontevedra Club de Fútbol deu a coñecer este domingo a lista de xogadores convocados para empezar esta semana a pretemporada. Segundo confirmou o director deportivo granate, Toni Otero, "nuestro día a día va a ser en Pasarón, y luego entre Xeve y A Xunqueira nos moveremos".
A lista fórmana Santi Figueroa, Javi Pacheco, Rufo, Javi Rey, Arnosi, Pablo López, Samu, Martín Diz, Cacharón, Taracido, Álex González, Joel Rodríguez, Jacobo López, Fabio Grajales, Valentín, Iñaki, Diego Seoane, David Soto, Churre, Brais, Charles, Romay, Calvillo, Álvaro Cortés e Alberto Rubio.
A entidade granate informou, ademais, que os xogadores estarán citados para primeira hora do luns para facer os test covid e minimizar o risco de contaxios e extremarán as precaucións sanitarias ao longo da pretempada tal como anunciou Otero na rolda de prensa do venres.
Estes 25 xogadores poñeranse ao choio desde o luns nunha pretempada para a que xa se confirmaron tres encontros.
A estrea será o 1 de agosto contra o Estradense na Estrada (20:00 horas); no segundo enfrontaranse ao Alondras na eliminatoria de Copa Federación, que disputarán o sábado 7 de agosto no Morrazo (19:30 horas) e, o último, será o Trofeo Cidade de Pontevedra contra o Racing de Ferrol en Pasarón o 8 de agosto (19:00 horas).
Relacionadas:
-
O Pontevedra afronta "con muchas ganas" o primeiro partido de pretemporada contra o Estradense
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Deportivo e Coruxo, novos rivais para a pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
Hummel seguirá vestindo o Pontevedra un ano máis
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ponse en marcha sen positivos no plantel e a ritmo de dobre sesión
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A covid-19, unha preocupación para o Pontevedra ante o inicio da pretempada
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez rodéase no Pontevedra dun corpo técnico "que lleva sangre granate"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luismi regresa ao Pontevedra como analista do primeiro equipo e adestrador do filial
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra-Compostela e Arosa-Arenteiro para comezar a liga o 5 de setembro
Por Ramiro Espiño |