O prometedor xadrecista da Escola Xadrez, Rubén Fernández, asina un dobrete nos nacionais sub 16
Por Redacción
Dobre medalla para o xadrecista da Escola Xadrez de Pontevedra Rubén Fernández nos campionatos de España sub 16 celebrados na localidade granadina de Salobreña. O vixente campión galego da categoría proclamouse subcampión de España sub 16 e ademais conseguiu a medalla de bronce na modalidade de partidas rápidas.
"Unha temperá derrota na segunda rolda deixou a Rubén conta as cordas, sen marxe para máis erros. Unha presión que non foi suficiente para cortar a remontada do galego, ao que lle faltou unha ronda máis para dar caza ao Mestre FIDE andaluz, Yingrui Lin, Campión de España con 8 puntos", indican desde a Escola Xadrez.
"Rubén engrosa o seu palmarés con dúas novas medallas. Pese á súa mocidade é xa un dos xadrecistas galegos máis laureados de todos os tempos", destacan desde a Escola Xadrez Pontevedra-UVigo. Lembran tamén que o deportista foi "o primeiro e único galego en gañar unha medalla nun mundial e o terceiro español en acadalo".
Juan Manuel Martínez e Miguel Alonso completaron a expedición da Escola Xadrez Pontevedra na competición. O primeiro, vixente subcampión galego, acabou en décimo cuarta posición na modalidade de rápidas, mentres que nas clásicas, finalizou na posición número 47. O segundo, debutante nun nacional, acabou de 99 nas clásicas, e de 153 nas rápidas.
Relacionadas:
-
Con 16 anos, Rubén Fernández, de Xadrez Pontevedra, obtén a medalla de bronce no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción |
-
A Escola Xadrez Pontevedra presume de subcampión nacional absoluto
Por Redacción |
-
David Fernández debuta no Campionato do Mundo Absoluto de Xadrez para persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
A Escola Xadrez e Xadrez Latino de Arxentina organizan un campus iberoamericano
Por Redacción |
-
O torneo Cidade de Pontevedra de xadrez dá a volta ao mundo coa súa edición online
Por Redacción |
-
A Escola Xadrez representará a España no Encontro Internacional de Confraternidade contra Uruguai e Arxentina
Por Redacción |