O Tenis de Mesa Monte Porreiro coñece aos seus primeiros rivais europeos
Por Diego Espiño
A tempada máis importante da historia do Tenis de Mesa Monte Porreiro empeza a definirse tras o sorteo de competición da primeira fase da ETTU Cup, que supoñerá o debut europeo do club, e as datas e formato da Superdivisión nacional.
En canto á estrea do Monte Porreiro na segunda competición continental, os pontevedreses xa teñen aos seus dous primeiros rivais á espera de coñecer os equipos procedentes da ETTU Champions League que completarán o Grupo B, no que quedaron encadrados.
Eses rivais serán o Fortune Kyiv ucraíno e o Logis Auderghem TT belga. A eles sumaranse dous nomes de equipos que cedan na primeira rolda do máximo torneo europeo. Todo iso a partir do 22 de outubro, data provisional para o inicio do torneo.
Como aspecto negativo, o Monte Porreiro tivo que renunciar á opción de ser sede desta fase de grupos ante as duras esixencias que establecían a Federación Europea.
Os outros dous equipos españois en competición, o Universidad de Burgos e o Real Cajasur Priego TM quedaron repartidos nos grupos A e C respectivamente.
O INICIO DA SUPERDIVISIÓN, O 16 DE OUTUBRO
Xunto ao sorteo da ETTU Cup, o Monte Porreiro sabe xa o camiño que lle espera a próxima tempada na Superdivisión, nunha campaña na que espera dar un paso á fronte cun equipo reforzado tras as últimas fichaxes.
A falta de coñecer a repartición por grupos, a máxima categoría nacional dará comezo o 16 de outubro cunha tempada que repite formato con dous grupos seis equipos na súa primeira fase.
Ao termo da mesma os catro mellores de cada grupo pasarán a xogar o play-off polo título de liga, mentres que os dous últimos xogarán pola permanencia cos rivais do grupo contrario para tentar escapar dos dous postos de descenso.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro renuncia ao soño europeo da Trophy Cup: "É unha decisión moi dura"
Por Diego Espiño |
-
Esforzo sen recompensa para o Monte Porreiro na primeira xornada do seu histórico debut en Europa
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro pon rumbo á República Checa para debutar en Europa "sen presión"
Por Diego Espiño |
-
Paso á fronte do equipo feminino do TM Monte Porreiro coa incorporación de Claudia Canay
Por Diego Espiño |
-
O debut do TM Monte Porreiro en Europa xa ten data e sede: 22 e 23 de outubro na República Checa
Por Diego Espiño |
-
O internacional Míguel Ángel Vílchez e o ruso Ilia Isakov, reforzos do Monte Porreiro para o seu desafío europeo
Por Diego Espiño |
-
Salto cara a Europa do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que xogará a ETTU Cup: "É un feito histórico na cidade"
Por Diego Espiño |
-
Un "salto de calidade" para o tenis de mesa feminino na cidade
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ilusión no TM Monte Porreiro ante a posibilidade de debutar en competición europea
Por Diego Espiño |