O Pontevedra afronta "con muchas ganas" o primeiro partido de pretemporada contra o Estradense

Por Almu Dapena
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os futbolistas do Pontevedra Club de Fútbol xa están preparados e "con muchas ganas" para disputar o primeiro amigable da pretemporada. Así os viu Ángel Rodríguez na súa primeira semana de adestramentos, na que traballaron intensamente para afrontar a que será a primeira toma de contacto. "Ha sido una semana con mucha carga de trabajo, mucho volumen, muchos entrenamientos, en la que lo importante es poner las piernas a punto y empezar a rodar. Es una fase en la que los primeros partidos vamos a notar que las piernas pesan el doble y nos va a costar más, pero es algo normal", explicou o técnico granate.
Unha vez finalizados os adestramentos, o club pontevedrés xa está preparado para enfrontarse ao Estradense no campo Municipal da Estrada (20:00 horas). "Los partidos de pretemporada, sobre todo los primeros, son para tener una toma de contacto. Llevamos mucho tiempo sin competir, 2 meses y medio es un periodo muy largo; pero quiero que se muestren como un equipo que toca rápido, que después de perder el balón tiene la necesidad imperiosa de robarlo cuanto antes para volver a jugarlo, que empecemos a conectar como un bloque que quiere ser protagonista con el balón y mirar siempre hacia la portería contraria", aclarou o leonés.
En canto aos seus xogadores, Ángel Rodríguez destacou que "los futbolistas han venido en su peso y con muchas ganas. Se les nota que están muy enchufados y para todo aquello que se les pide, siempre están preparados para hacerlo. Es el camino a seguir".
Tamén os canteiráns están ilusionados, expuxo Rodríguez, a pesar de que "en muchas ocasiones les supera el ritmo al que entrenamos". Aínda así, o técnico o ve "normal porque se están adaptando a categorías superiores y en fase de formación, preparándose para convencerme a mí y al cuerpo técnico y que podamos ir tirando de ellos". Neste sentido, "lo importante es que vayan cogiendo lo que se les da y que trabajen con las ganas e ilusión que lo hacen", apuntou.
Os convocados para o duelo contra o Estradense serán os 17 xogadores con ficha do primeiro equipo como son os gardametas Álvaro Cortés e Pablo Cacharrón; os defensores Churre, Santi, David Soto, Diego Seoane, Samu e Pacheco; os centrocampistas Javi Rey, Romay, Álex González, Oier Calvillo, Alberto Rubio e Brais Abelenda e os dianteiros Charles, Rufo e Martín Diz. A eles súmanse os canteiráns Iñaki, Arnosi, Pablo López, Taracido, Joel Rodríguez, Jacobo López, Fabio Grajales, Valentín e, como novidade, o porteiro da base, Mihai.
A próxima cita do Pontevedra Club de Fútbol será o 7 de agosto ante o Alondras no Morrazo (19:30 horas), encontro correspondente á primeira eliminatoria de Cópaa Federación e, un día despois, disputarán o Trofeo Cidade de Pontevedra contra o Racing de Ferrol en Pasarón (19:00 horas). A estes partidos sumáronse o do Coruxo en Baltar o 14 de agosto e o do Deportivo da Coruña en Ordes o 21 do mesmo mes.
Relacionadas:
-
Rufo e Iñaki dan a vitoria ao Pontevedra no primeiro amigable de pretemporada ante o Estradense (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Deportivo e Coruxo, novos rivais para a pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
O Pontevedra ponse en marcha sen positivos no plantel e a ritmo de dobre sesión
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra cita 25 futbolistas para iniciar a pretempada
Por Almu Dapena |
-
Ángel Rodríguez rodéase no Pontevedra dun corpo técnico "que lleva sangre granate"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra-Compostela e Arosa-Arenteiro para comezar a liga o 5 de setembro
Por Ramiro Espiño |