Prata!! Teresa Portela, subcampioa olímpica no K-1 200 metros
Por Diego Espiño
Teresa Portela agrandou este martes a súa lenda en Tokyo. Nos seus sextos Xogos Olimpicos, máis que ningunha outra española, por fin logrou subir ao podio e colgarse unha merecida medalla.
Rozárao cos dedos co seu quinto posto en Atenas 2004 e Pequín 2008, cuarto en Londres 2012 e sexto en Río 2016, e agora aos seus 39 anos conseguiu o premio á súa constancia e a toda a súa traxectoria.
A padexeira pontevedresa, que gañara a súa serie pasando directamente a semifinais, sufriu para entrar na final nunha primeira semi repleta de grandes nomes. Pasaban catro mulleres e nunha situación pouco común Portela marcou o cuarto tempo (38.858) empatada coa sueca Linnea Stensils, quinta. Ambas as dúas pasaron á loita polas medallas obrigando a ampliar o campo de regatas cunha novena rúa, a que ocuparía Portela desde o exterior.
Pouco lle importou á deportista do Ría de Aldán, que saíu a por todas nunha emocionante final na que revalidou o seu ouro con récord olímpico (38.120) a gran favorita, a Lisa Carrington (Nova Zelandia). Por detrás a loita foi encarnizada, e de feito houbo que esperar á foto finsih para coñecer o resultado.
Parecía que Teresa Portela metérase no podio, pero inicialmente a organización non lle outorgou ese posto. Foron segundos de incerteza ata que a revisión colocouna segunda cun tempo 38.883, superando á danesa Emma Aastrand Jorgensen 38.901, bronce.
Unha prata que sabe a ouro e que provocou unha explosión de emoción e felicidade en Portela, como demostrou desde a propia embarcación coas bágoas máis doces da súa carreira deportiva. Xa era medallista olímpica.
Relacionadas:
-
A Xunta pide apoio para impulsar a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias
Por Diego Espiño |
-
Un 2021 olímpico e inesquecible para Teresa Portela, Juan Saavedra e Antía Jácome
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela, na gala do COE en homenaxe aos medallistas de Tokyo: "Síntome orgullosa de ter insistido"
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela e Susana Rodríguez estrean aula propia na facultade de Fisioterapia
Por Redacción |
-
Teresa Portela, decidida a ir a por os Xogos de París 2024: "Sería algo incrible, aínda que agora o vexo moi lonxe"
Por Diego Espiño |
-
O equipo nacional feminino de kaiak establece a súa base no CGTD de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra comparte intimidades cos seus olímpicos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
"Sodes un orgullo, un bo exemplo e un modelo a imitar en todos os ámbitos da vida"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Jácome, Portela, Echegoyen, Corrales e Rodríguez levan ao olimpismo pontevedrés ao salón da fama
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Teresa Portela, feliz tras a súa prata olímpica "porque quien la sigue, la consigue"
Por Diego Espiño |
-
Pase directo a semifinais de Teresa Portela tras un prometedor debut nos Xogos
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela e Antía Jácome contan as horas para participar nos Xogos Olímpicos
Por Almu Dapena |
-
Últimos ánimos a Teresa Portela antes de viaxar aos Xogos de Tokyo "a por todas"
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela imponse no selectivo de Verducido e gaña oficialmente a praza para os Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño |