Unha rotura fibrilar aparta a Diego Seoane da pretempada do Pontevedra
Por Manu Otero
O lateral dereito do Pontevedra Diego Seoane sofre un revés na súa posta a punto de cara á nova tempada. O defensor, fichado este verán polo cadro de Pasarón, pediu o cambio no primeiro partido de pretempada que tivo lugar o pasado domingo na Estrada despois de notar unha picada na parte posterior da súa perna.
Este luns someteuse a diferentes probas médicas que confirmaron a existencia dunha "pequena rotura fibrilar" no terzo medio do recto anterior do seu cuádriceps "sen hematoma", recolle o parte médico facilitado polo servizo de comunicación do club.
No club calculan que o xogador estará ao redor de dúas semanas de baixa. Tras este período esperan que se poida reincorporar á dinámica do grupo sen grandes complicacións.
A perda do lateral supón un importante contratempo na preparación do equipo, posto que Seoane asinou polo Pontevedra, procedente do Rácing de Ferrol, para apropiarse do flanco dereito da zaga despois dunha tempada na que nin Aitor Núñez, nin o canteirán Santi Figueroa lograron asentarse como titulares.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- 'Todo ao Granate', campaña de socios do Pontevedra CF con rebaixa xeneralizada de prezos
Por Diego Espiño |
-
Acceso de balde para os socios no amigable ante o Racing de Ferrol en Pasarón
Por Redacción |
-
O lateral esquerdo Samu Araújo, sorpresa no adestramento e oitava fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Rufo e Iñaki dan a vitoria ao Pontevedra no primeiro amigable de pretemporada ante o Estradense (0-2)
Por Almu Dapena |