Acceso de balde para os socios no amigable ante o Racing de Ferrol en Pasarón
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este martes como xestionará o acceso de afeccionados á súa primeira cita como local da pretempada, o XLIII Trofeo Cidade de Pontevedra que se disputará o vindeiro domingo 8 de agosto ás 19.00 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
Os socios granates contarán con acceso de balde para ver ese atopo fronte ao Racing de Ferrol, no que será a presentación do novo proxecto pontevedrés. Para iso será necesario presentar o carné de abonado da pasada campaña, mentres non se abre unha campaña de abonados que ten previsto ver a luz este venres día 6.
En canto ás entradas para o público xeral, fixáronse en 15 euros para a bancada de Tribuna, 12 euros en Preferencia e 10 euros nos fondos. Pola súa banda os menores de 16 anos deberán abonar 10 euros en Tribuna e 5 euros no resto das bancadas.
As entradas poderán adquirirse nas oficinas do club, no propio Estadio Municipal de Pasarón, o xoves 5 e venres 6 en horario de 10.00 a 15.30.
Relacionadas:
-
Un Racing de Ferrol máis rodado supera con comodidade a un Pontevedra en construción (1-3)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra perde nos penaltis contra o Alondras e queda eliminado da Copa RFEF
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- 'Todo ao Granate', campaña de socios do Pontevedra CF con rebaixa xeneralizada de prezos
Por Diego Espiño |
-
O lateral esquerdo Samu Araújo, sorpresa no adestramento e oitava fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Unha rotura fibrilar aparta a Diego Seoane da pretempada do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Rufo e Iñaki dan a vitoria ao Pontevedra no primeiro amigable de pretemporada ante o Estradense (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Deportivo e Coruxo, novos rivais para a pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
Hummel seguirá vestindo o Pontevedra un ano máis
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra ponse en marcha sen positivos no plantel e a ritmo de dobre sesión
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |