Diploma olímpico para Antía Jácome cun brillante quinto posto no C-1 200 metros
Por Diego Espiño
A escasas dúas décimas do podio quedou Antía Jácome na súa primeira participación nuns Xogos Olímpicos.
A padexeira pontevedresa levou este xoves un diploma olímpico grazas ao brillante quinto posto conseguido na final do C-1 200 metros.
Aos seus 21 anos, Jácome pelexou ata o final polas medallas demostrando o gran futuro que ten por diante, pero o seu tempo de 47.226 segundos non foi suficiente para tocar metal.
O resultado final non embaza en todo caso unha participación de sobresaliente, que iniciou o mércores avanzando con paso firme ata as semifinais e que continuou nesa rolda xa este xoves para lograr o cuarto mellor rexistro da súa serie conseguindo o pasaporte para a final olímpica.
Antía compareceu na quenda final pola rúa 8 e sen nada que perder, facendo soñar á EP Ciudad de Pontevedra e a todos os seus paisanos coa xesta. Finalmente o título foi para unha das grandes favoritas, a estadounidense Nevin Harrison (45.932), secundada no podio pola canadense Laurence Vincent-Lapointe (46.786) e a ucraína Liudmyla Luzan (47.034).
Relacionadas:
-
Antía Jácome, piragüista olímpica e community manager do COE por un día
Por Manu Otero |
-
Un 2021 olímpico e inesquecible para Teresa Portela, Juan Saavedra e Antía Jácome
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra comparte intimidades cos seus olímpicos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Mundial Sprint Copenhague, último gran reto da tempada para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Antía Jácome, insaciable: "Teño mundial en setembro, a loitar por unha medallita"
Por Manu Otero |
-
"Sodes un orgullo, un bo exemplo e un modelo a imitar en todos os ámbitos da vida"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Jácome, Portela, Echegoyen, Corrales e Rodríguez levan ao olimpismo pontevedrés ao salón da fama
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Antía Jácome: "Non perdín unha medalla, senón que gañei un quinto posto e estou moi contenta"
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome avanza a semifinais na súa estrea nos Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela e Antía Jácome contan as horas para participar nos Xogos Olímpicos
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome asina a clasificación olímpica máis emotiva
Por Manu Otero & Mónica Patxot |