O Pontevedra perde nos penaltis contra o Alondras e queda eliminado da Copa RFEF
Por Almu Dapena
O Pontevedra Club de Fútbol afrontou este sábado outra proba de preparación para a tempada 2021/2022 co seu debut en Copa RFEF ante o Alondras. O equipo adestrado por Ángel Rodríguez, a pesar de gozar das mellores ocasións, quedou eliminado da competición ao perder por 3-2 na quenda de penaltis.
Custoulle chegar a portería ao conxunto granate, que non tivo ata pasada a media hora de xogo a súa mellor oportunidade para abrir o marcador. Desviado por centímetros foise o disparo de Brais Abelenda tras recoller o balón na frontal da área, mantendo o empate a cero no encontro.
A partir dese momento produciuse un punto de inflexión a favor do Pontevedra. Os xogadores deron un paso adiante e comezaron a xerar máis perigo en área rival. Esta vez foi a quenda de Álex González, previo centro de Oier Calvillo, pero un defensor do Alondras sacou baixo paus deixando aos granates co mel nos beizos.
Na segunda metade continuaron as táboas. Ningún xogador foi capaz de ver portería, nin para un equipo nin para o outro. O máis destacado foi a expulsión de Ángel Rodríguez por protestar cando estaba a piques de cumprirse o tempo regulamentario.
A mesma tónica, de poucas ocasións, repetiuse durante a prórroga. Tivo Charles co seu cabezazo a opción de dar a vitoria ao Pontevedra despois dun centro de Jaichenko, pero o esférico estrelouse coa madeira cando quedaban tan só tres minutos para o final.
Sen goles e coa prórroga finalizada, comezou a lotería dos penaltis, que tivo que decidir o partido. Marcaron Romay e Samu Araújo e fallaron David Soto, Brais Abelenda e Charles, mentres que o Alondras marcou tres dos cinco lanzamentos, gañando o partido por 3-2 e pasando á seguindo rolda de Copa RFEF.
Unha derrota que non xera preocupación a Ángel Rodríguez, "es un partido más de pretemporada a pesar de ser oficial", destacou o técnico granate. Os xogadores levan "mucha carga de trabajo y estos partidos pasan factura, no entiendo cómo son capaces de meterles prórroga porque ya hemos visto que las piernas de los jugadores no estaban preparadas para tantos minutos", lamentouse.
Agora hai que pensar no encontro ante o Racing de Ferrol, que se celebrará en menos de 24 horas e "no tenemos piernas para 180 minutos seguidos". Agora, "lo más importante es que puedan recuperar y que la gente que no actuó hoy pueda mañana y que los jóvenes participen".
En canto á súa expulsión, "a mi entender hubo dos penaltis clarísimos que no pitaron, dos entradas impropias de para un partido así al lado del banquillo. El línea estaba más pendiente de fuera que de dentro, hice un comentario al entrenador de porteros y simplemente estaba más pendiente de fuera que de dentro. No iba dirigido hacia ellos, tenía ganas de participar", concluíu o adestrador.
Relacionadas:
-
Gol de Álex González e dobrete de Oier Calvillo para dar o triunfo o Pontevedra sobre o Juvenil de Ponteareas (0-3)
Por Redacción |
-
Segunda vitoria da pretempada para o Pontevedra ao superar ao Racing Villalbés na recta final (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra amplía o seu calendario de amigables de pretemporada
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Ángel Rodríguez: "Hai mozos que veñen poxando forte e vou apostar por eles"
Por Manu Otero |
-
Un Racing de Ferrol máis rodado supera con comodidade a un Pontevedra en construción (1-3)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- 'Todo ao Granate', campaña de socios do Pontevedra CF con rebaixa xeneralizada de prezos
Por Diego Espiño |
-
Acceso de balde para os socios no amigable ante o Racing de Ferrol en Pasarón
Por Redacción |
-
O lateral esquerdo Samu Araújo, sorpresa no adestramento e oitava fichaxe do Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Rufo e Iñaki dan a vitoria ao Pontevedra no primeiro amigable de pretemporada ante o Estradense (0-2)
Por Almu Dapena |