Dous bronces para Alicia Bouzas no Campionato de España Junior de Verán
Por Redacción
A nadadora do Club Natación Galaico, Alicia Bouzas, regresou do Campionato de España Junior e Absoluto de Verán celebrado en Gran Canaria con dous bronces.
Logrounos nas probas de 400 estilos e 200 costas. En 400 estilos parou o cronómetro en 5:02.17 e, en costas, fixo un tempo de 2:21.58 que lle serviu para, ademais, igualar a mellor marca galega da súa idade que ela mesma tiña.
Ademais, a nadadora de 16 anos conseguiu un tempo de 17:21.75 en 1500 libres que supuxo a sétima posición junior en esa prueba e a 19 absoluta, mentres que en 400 libres, clasificouse en novena posición da súa categoría.
Con estes resultados, Alicia Bouzas pon o broche de ouro a unha magnífica tempada na que logrou mellores marcas persoais en todas as probas que nadou.
Consulta todos os resultados do Campionato de España Absoluto Junior de Verán na páxina web da Real Federación Española de Natación.
Relacionadas:
-
Sete nadadores do Galaico, incluídos no Grupo Especial de Seguimento da Federación Galega
Por Redacción |
-
O pontevedrés Cristian Fernández, campión da Copa de España de Natación en Augas Abertas
Por Redacción |
-
O Galaico sobreponse ás baixas para vencer no Campionato Galego de Verán
Por Redacción |
-
O Galaico, contento co seu nivel no Campionato de España de Natación en Augas Abertas
Por Redacción |
-
O Campionato de España de Augas Abertas, un reto para o Club Natación Galaico
Por Redacción |
-
Alicia Bouzas consegue a súa mellor marca persoal en 200 costas e Bea Gómez queda fóra da mínima olímpica
Por Redacción |