Eliminado o Arosa da Copa RFEF tras caer contra o Rápido de Bouzas (0-2)
Por Redacción
Segunda derrota nesta pretempada para o Arosa. O equipo arlequinado caeu por 0-2 na Lomba contra o Rápido de Bouzas na primeira eliminatoria da Copa RFEF e segue moldeando o seu novo proxecto deportivo de cara ao comezo ligueiro.
Xogaron bos minutos os xogadores de Jorge Otero, pero foron superados por un equipo vigués que a pesar de levar menos días de adestramentos sentenciaron o partido nun visto e non visto.
Ao final da primeira metade chegou o tanto inicial. Adrián Presas, no minuto 41, bateu a Manu Táboas para adiantar ao Rápido de Bouzas.
Co 0-1 chegouse ao tempo de reflexión do que o Arosa estaba moi necesitado para reverter a situación. Pero foron os visitantes os que saíron máis enchufados e non tardaron en aumentar a vantaxe, anotando por mediación de Adrián Rodríguez o segundo tanto no minuto 46.
Jorge Otero fixo os cambios pertinentes para reverter a situación. Aínda quedaba tempo e a remontada era posible, pero o Rápido de Bouzas soubo aguantar o resultado para manter a portería a cero e facerse cunha vitoria que lle permite pasar de fase na Copa RFEF.
Relacionadas:
-
Derrota do Arosa nos penaltis contra o Juvenil de Ponteareas e xa pensa no Arenteiro
Por Redacción |
-
O Arosa gaña o Vilalonga nos penaltis e leva o Trofeo Peña Celeste (2-4)
Por Redacción |
-
O Arosa cede o seu primeiro empate de pretempada contra o Compostela (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa golea o Céltiga e leva o Trofeo Concello da Illa-Memorial Alejandro García (0-4)
Por Redacción |
-
O Arosa pecha a continuidade do seu patrocinador principal
Por Redacción |
-
Derrota pola mínima do Arosa ante o Racing de Ferrol no seu primeiro test de pretempada
Por Redacción |
-
O Arosa supera os 300 socios a falta dun mes para o inicio de liga
Por Redacción |
-
O Arosa inicia unha campaña histórica
Por Manu Otero & Cristina Saiz |