O Pontevedra amplía o seu calendario de amigables de pretemporada
Por Manu Otero
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Cambio no calendario de pretempada do Pontevedra. Os granates tiñan previsto disputar un partido amigable este sábado 14 de agosto no campo de Baltar contra o Coruxo, pero o pase dos vigueses á segunda rolda de Copa RFEF fai inviable a celebración dese duelo.
Pero o cadro granate non tardou en atopar un novo rival para seguir avanzando na súa preparación física e futbolística. Así, no campo de Portonovo ese mesmo día, medirase a partir das 19 horas ao Racing Villalbés. Ademais os granates aproveitan para actualizar o seu calendario de partidos de pretemporada que contempla catro partidos máis antes do inicio da liga.
PRETEMPADA GRANATE
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 11, 2021
Almanaque de encontros amigables actualizado para o mes de agosto.
¡Segue ao Pontevedra no seu periplo galego fronte a @racingvillalbes, @juvenil_sd Ponteareas, @RCDeportivo, @VillalongaFC e Verín CF!#TAG#HaiQueRoelo pic.twitter.com/FgFGR1zNmG
Polo momento, o conxunto de Pasarón xogará o día 15 de agosto ás 19.30 horas contra a SD Xuvenil de Ponteareas no campo de Pardellas. Contra o Deportivo farao o 21 de agosto en Ordes. O mércores 25, con horario aínda por confirmar, fará o propio contra o Vilalonga en San Pedro e pechará a rolda de amigables o día 29 en Verín contra o conxunto local.
O Pontevedra comezou a adestrar o 2 de agosto e desde entón disputou tres partidos amigables que se saldaron con vitoria contra o Estradense, empate (derrota por penaltis) contra o Alondras e derrota o pasado domingo en Pasarón contra o Racing de Ferrol.
Relacionadas:
-
Gol de Álex González e dobrete de Oier Calvillo para dar o triunfo o Pontevedra sobre o Juvenil de Ponteareas (0-3)
Por Redacción |
-
Segunda vitoria da pretempada para o Pontevedra ao superar ao Racing Villalbés na recta final (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un Racing de Ferrol máis rodado supera con comodidade a un Pontevedra en construción (1-3)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra perde nos penaltis contra o Alondras e queda eliminado da Copa RFEF
Por Almu Dapena |
-
Rufo e Iñaki dan a vitoria ao Pontevedra no primeiro amigable de pretemporada ante o Estradense (0-2)
Por Almu Dapena |