O Pontevedra e Charles ratifican o seu compromiso
Por Redacción
Charles seguirá ligado ao Pontevedra. Un feito que nin o xogador nin o propio club puxeran en dúbida en ningún momento desde que no verán do 2020 ambas as partes anunciaron o regreso á que foi a súa primeira casa en España despois dunha exitosa traxectoria en Primeira División.
Con todo, a entidade granate viuse obrigada a desmentir un rumor que comezara a correr como a pólvora polas redes sociais e que estaba a xerar inestabilidade entre a afección, para a que Charles é un ídolo e á que o propio xogador ten en gran estima, nunha fase delicada da pretemporada, cando acaba de poñerse en marcha a campaña de socios.
Un feito que, ademais, o propio xornalista de PontevedraViva, Ramiro Espiño, puido desmentir de maneira contrastada neste mesmo martes a través dun fío de Twitter.
Bueno, no os quiero hacer esperar más, que sé que este asunto preocupa y mucho a la afición del @PontevedraCFSAD, que quiere y RESPETA mucho a quien siempre ha demostrado un cariño inmenso por el club granate, más allá de sus intereses económicos y personales. Abro HILO.
— Ramiro Espiño (@Ramiro_Espino) August 10, 2021
O comunicado co que o Pontevedra confirma a continuidade de Charles no primeiro equipo do Pontevedra é o seguinte:
"O Pontevedra informa que nin a entidade nin o xogador Charles Días Barbosa contemplan a saída do xogador do club. O único feito veraz e contrastado é que o futbolista se adestrará este mércores con normalidade despois da xornada de descanso do primeiro equipo de hoxe.
Polo ben do club e dos xogadores, rogamos que non se difundan rumores non contrastados nin se presenten como tal feitos non confirmados a ben de non xerar inestabilidade e intranquilidade nunha fase clave da pretempada".
Relacionadas:
-
O día en que Pep Guardiola puido ser adestrador do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Charles e Brais cumpren a promesa do ascenso e completan o Camiño de Santiago
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Gol de Álex González e dobrete de Oier Calvillo para dar o triunfo o Pontevedra sobre o Juvenil de Ponteareas (0-3)
Por Redacción |
-
Segunda vitoria da pretempada para o Pontevedra ao superar ao Racing Villalbés na recta final (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |