Jacobo de Benito cumprirá a súa cuarta tempada consecutiva no Peixe Galego
Por Redacción
Non cesan as renovacións no Peixe Galego, que está en plena fase de construción do equipo que este ano volverá competir en Liga EBA. A última peza en sumarse ao proxecto marinense é Jacobo de Benito, que cumprirá a súa cuarta tempada consecutiva na Raña.
O base ourensán, que compatibilizará a partir desta tempada funciones na base do club, foi unha das pezas crave do ascenso ao promediar 10,1 puntos por partido e unha estancia na cancha superior aos 30 minutos por encontro.
Pero o xogador non achegará só calidade ao xogo azul, tamén fará valer a súa experiencia, chegou a xogar en LEB Oro na última tempada do equipo da Raña na antesala da ACB, para poder devolver ao Peixe Galego ao lugar que merece.
O base Jacobo de Benito
— MARIN PEIXEGALEGO (@CLUBPEIXEGALEGO) August 20, 2021
cumplirá a sua 4ª temporada no al
del @CLUBPEIXEGALEGO #EBA
Compatibilizará ademais funcións de adestrador na base
10.1 pts
32 min
#Forzapeixe pic.twitter.com/8eqicXlHWn
Relacionadas:
-
O Peixe Galego despide o ano do seu regreso a EBA asentado na clase media
Por Redacción |
-
O estadounidense Dramell Hogan seguirá defendendo ao Peixe Galego en Liga EBA
Por Manu Otero |
-
Máis renovacións na Raña, Juan Castro competirá en EBA co Peixe Galego
Por Redacción |
-
O ala pivot Álvaro Filgueira seguirá no Peixe Galego un ano máis
Por Redacción |
-
Andrés Santiago, nova fichaxe do Peixe Galego no seu regreso a Liga EBA
Por Redacción |
-
O Peixe Galego empeza a construír o equipo do regreso a Liga EBA
Por Manu Otero |