Accidentada partida dos taekwondistas galegos cara ao Europeo de Tallín
Por Redacción
O campionato de Europa de categoría sub 21 e cadete celébrase na capital estoniana de Tallín entre o 24 e o 27 de agosto e alí estarán doce taekwondistas galegos, entre eles as deportistas do Mat's de Marín Arlet Ortiz e Yadira Reimúndez.
Con todo a viaxe ata Estonia non foi nada tranquila. A expedición galega partiu o domingo desde Santiago con destino a Franffurt, pero foi un voo complicado, que partiu con atraso e viuse afectado por unha tormenta. Como consecuencia diso, o equipo autonómico perdeu a ligazón desde a urbe alemá a Tallín, co que tiveron que pernoitar en Alemaña para voar este luns cara a Tallín.
A convocatoria está formada por nove taekwondistas sub 21, tres cadetes e o técnico Toño Ríos. Entre os maiores están Arlet Ortiz e Yadira Reimúndez, que competirán nas categorías -57 quilos e -55, respectivamente. Completan a lista Cloe Iglesias (-62, Patiño), Ainoha García (-67, Couto), Tania Castiñeira (+73, Hebe), Desiree Rivadulla (+73, Suh Sport), Nuria Cernadas (+73; Natural Sport), Pablo Patiño (-68, Patiño) e Adrián Salanova (-74, Maniotas). A competición comeza o día 25.
En categoría cadete, as citadas son Nadia Bouzas (-37, Kae Sport), Noa Romero (-44, Natural Sport) e Pablo Torrado (-41, Suh Costado), que competirán ou día 26 de agosto.
Antes de poñer rumbo a Tallín, o grupo estivo a preparar esta importante cita cunha concentración da Federación Española no Centro de Alto Rendemento de Murcia e logo cun stage en Manzaneda da Federación Galega.