O Pontevedra vai con "vento en popa" para afrontar o último test de pretempada
Por Manu Otero
O Pontevedra afronta este domingo en Verín, a partir das 19 horas, o último partido de preparación antes do inicio da competición, previsto para o domingo 5 de setembro en Pasarón contra o Compostela. Un choque que o técnico granate, Ángel Rodríguez, encara con optimismo porque "todo vai vento en popa" e ve que o plantel vai "de menos a máis, crecendo como equipo, recollendo conceptos e levándoos a cabo".
Aínda así, Rodríguez prefire ser cauto e non deixarse levar polas boas sensacións e resultados das últimas xornadas. "O único que nos vai a poñer no noso sitio é o comezo da liga", remarca consciente de que os dous últimos amigables son contra equipos de menor categoría e "o normal é que se note a diferenza".
O preparador empregará este partido para "dar minutos a quen máis o necesitan". Rodríguez quere ter todas as súas pezas listas para o inicio de liga por iso desexa que "todos dispuxesen de minutos suficientes para que eu teña a posibilidade de equivocarme o menos posible".
É por iso que sobre o céspede do José Arjiz teñan disputen os noventa minutos aqueles xogadores que menos xogaron para que "o día que teña que tirar dalgún dos que non vén actuando con moita regularidade non haxa diferenza en canto ao ritmo de competición", explica.
Aínda que o Pontevedra non chegará no seu máximo ao primeiro partido de liga, "ningún equipo chega ao 100%", puntualiza Ángel; o adestrador móstrase optimista porque ve aos seus xogadores "cada día máis finos con balón e xa asumen a responsabilidade de apertar e recuperar o balón canto antes. É un traballo que non se dá da noite para a mañá", destaca con satisfacción.
RUFO, AUSENTE NO PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA
Un caso especial é o de Rufo, que non dispuxo de minutos no último partido contra o Vilalonga e tampouco é seguro que vaia a ser titular en Verín.
"Rufo non pode xogar o primeiro partido de liga, terá que xogar Charles, entón o ideal é chegar con el nas mellores condicións, para iso xoga máis minutos", explicou o adestrador leonés lembrando que o ariete madrileño deberá cumprir un partido de sanción ao ver a quinta amarela no último partido de liga da tempada pasada contra o Oviedo B.
Relacionadas:
-
O Pontevedra finaliza a pretempada con vitoria sobre o Verín (0-4)
Por Almu Dapena |
-
Ángel Rodríguez resta importancia á goleada e ve ao equipo cada vez máis "afinado"
Por Manu Otero |
-
Festín goleador do Pontevedra en Vilalonga (1-8)
Por Manu Otero |
-
Ángel Rodríguez: "O resultado é o de menos, vexo ao equipo moito mellor"
Por Manu Otero |
-
Un Pontevedra de dúas caras cae contra o Deportivo en Vista Alegre (3-2)
Por Almu Dapena |