Iván García e Arlet Ortiz regresan cun ouro e un bronce do Open de Estonia
Por Redacción
A actividade sobre o tatami estoniano non cesa. Despois da celebración do Campionato de Europa Sub 21, celébrase en Tallín o Open de Estonia no que os taekwondistas do Mat' s de Marín, Iván García e Arlet Ortiz, colgáronse xa as primeiras medallas.
Na categoría -87 quilos, Iván García acabou colgándose o ouro a pesar de non ofrecer a súa mellor versión. No primeiro combate desfíxose con comodidade do noruegués Milos Pilipovic e xa na final viuse as caras co croata Pasco Vozic, ao que venceu por 4 a 7.
A súa compañeira de equipo Arlet Ortiz tivo que conformarse co bronce na categoría -57 quilos.
A taekwondista superou con contundencia en primeira rolda á isrealí Noa Preiss, en cuartos de final eliminou á costarriqueña Nashi Le Lindo despois dun combate moi axustado que se decidiu en favor da galega no punto de ouro.
Xa en semifinais foi derrotada pola medalla de prata Europeo, Faith Dillon, que finalmente acabaría colgándose o ouro.
Relacionadas:
-
Yadira Reimúndez e Sergio Troitiño selan a súa clasificación para o Europeo Júnior e Sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
Baño de ouro para Arlet Ortiz e Iván García, do Mat' s de Marín, no nacional de combate de taekwondo
Por Redacción |
-
Iván García segue de doce e cólgase o ouro no Open de España de taekwondo
Por Redacción |