Os penaltis deixan o Poio Pescamar sen Trofeo Internacional de Cartelle
Por Redacción
O Poio Pescamar encara o tramo final da súa pretempada e faino deixando boas sensacións, como as ofrecidas esta fin de semana no I Trofeo Internacional de Fútbol Sala de Cartelle celebrado en Ourense.
O cadro conserveiro superou con solvencia na semifinal a un rival da súa liga como o Alcorcón (3-1), plantándose nunha final na que lle esperaba o Benfica portugués.
Foi un encontro xogado de poder a poder e que puido caer ao lado das xogadores adestradas por Manu Cossío. Foi con todo o conxunto luso o primeiro en adiantarse cun bo gol de Raquel cun disparo afastado.
Antes do descanso Anna Escribano, con outro tanto de bonita factura, conseguía a igualada, e Dani Sousa completaba a remontada xa na segunda metade.
O duelo destacaba pola súa igualdade, e a falta de 30 segundos o Benfica lograba o 2-2 final nunha contra materializada por Sara. Chegábase así aos penaltis, que decidirían ao gañador do trofeo ourensán, e nesa sorte foi mellor o equipo portugués.
Relacionadas:
-
Valdetires Ferrol-Poio Pescamar e Viaxes Amarelle-Marín Futsal na primeira rolda da Copa da Raíña
Por Almu Dapena |
-
Comeza unha tempada de ilusión para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Silvia Aguete, Luci e Jenny Lores, citadas a unha concentración coa Selección Española
Por Redacción |
-
Goleada do Poio Pescamar o Marín Futsal para avanzar a semifinais da Copa Galicia (2-5)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar supera a Bembrive e Viaxes Amarelle nas primeiras probas de pretempada
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal empezan a preparar o seu primeiro ano xuntos na elite
Por Manu Otero |