A serbia Dunja Buzadin e a compostelá Nerea Liste, presentadas como novas fichaxes do Arxil
Por Diego Espiño
O Club Baloncesto Arxil presentou este mércores a dúas das súas fichaxes, a xogadora serbia Dunja Buzadin e a compostelá Nerea Liste, coas que xunto á continuidade de Heather Forster e a previsible chegada dunha xogadora estadounidense máis esperan dar un salto de calidade que lles permita loitar polos postos de honra na liga Feminina 2.
"Son dúas xogadoras que cremos que van ser importantes dentro do plantel", explicou na presentación Mayte Méndez nun acto celebrado na Parrilla de Servando.
A adestradora arxilista cre que Dunja "pode ser un punto importante do equipo, esperamos moito dela", sinalou sobre unha xogadora que pode actuar de base e escolta e que no tramo final da pasada campaña xogou na máxima categoría grega co Eeleutheria Moshatou.
En canto a Nerea, afeita xogar en posicións interiores na súa etapa júnior, chega ao Arxil procedente do Rosalía santiagués, con quen debutou en LF2. "Cremos que aquí vai deixar de ser promesa e vai romper definitivamente", defendeu Mayte Méndez revelando a súa intención de ir reconducíndoa ata a posición de aleiro.
COPA GALICIA
As dúas novas incorporacións do equipo verde traballan desde hai uns días co resto das súas compañeiras. Nerea desde o 1 de setembro e Dunja desde o pasado luns, preparando o primeiro compromiso do curso, o debut en Copa Galicia que se producirá este mesmo xoves 9 de setembro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (19.45 horas) fronte ao Cortegada de Vilagarcía.
Relacionadas:
-
O Arxil debuta en liga con vitoria sobre o recentemente ascendido Alhaurín de la Torre (71-45)
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Arxil pecha a súa pretempada cunha vitoria en Portugal
Por Redacción |
-
O Arxil despídese da Copa Galicia vencendo o Rosalía e con mellores sensacións (66-58)
Por Redacción |
-
Un mal inicio condena o Arxil na súa visita o Maristas (73-67)
Por Redacción |
-
O Cortegada leva o derbi de Copa Galicia fronte ao Arxil (53-69)
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Arxil ponse en marcha coas renovacións de Aldara e Margarita e o regreso de Violeta
Por Redacción |
-
Margarita Moreira e Noa Casalderrey seguirán un ano máis no Arxil
Por Redacción |
-
Forster continúa no Arxil por terceira tempada consecutiva
Por Redacción |
-
Cristina Díaz Pache, terceira peza para a nova aventura do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil renova ao seu outro piar, Carla Fernández
Por Redacción |
-
O Arxil renova á súa capitá, María Lago
Por Redacción |