O Cortegada leva o derbi de Copa Galicia fronte ao Arxil (53-69)
Por Redacción & Mónica Patxot
O primeiro derbi da tempada entre Club Baloncesto Arxil e AD Cortegada caeu ao lado das de Vilagarcía.
O conxunto arousán mostrouse máis acertado no encontro correspondente á fase previa da Copa Galicia disputado este xoves no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (53-69).
Era o primeiro test da pretempada para as locais, que contaban con baixas importantes como a da estadounidense Heather Forster, Margarita Moreira e Cristina Díaz-Pache. Pola súa banda o Cortegada estreouse o pasado día 5 cunha axustada derrota na cancha do Maristas.
Tras un duelo do que poucas conclusións se poden sacar aínda dado o momento de preparación, a Copa Galicia continúa o seu curso nunha fase previa con tres xornadas que aínda deben completarse cun duelo para o Cortegada fronte ao Rosalía na casa e para o Arxil con dúas citas máis, o domingo 12 de setembro na cancha do Maristas e o martes 14 no CGTD recibindo o Rosalía.
Relacionadas:
-
O Arxil pecha a súa pretempada cunha vitoria en Portugal
Por Redacción |
-
O Baxi Ferrol reina na Raña e consegue o seu sexto título da Copa Galicia de baloncesto
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Raña acolle as finais da Copa Galicia de baloncesto masculina e feminina
Por Redacción |
-
O Arxil despídese da Copa Galicia vencendo o Rosalía e con mellores sensacións (66-58)
Por Redacción |
-
Un mal inicio condena o Arxil na súa visita o Maristas (73-67)
Por Redacción |
-
A serbia Dunja Buzadin e a compostelá Nerea Liste, presentadas como novas fichaxes do Arxil
Por Diego Espiño |
-
O Arxil ponse en marcha coas renovacións de Aldara e Margarita e o regreso de Violeta
Por Redacción |
-
Forster continúa no Arxil por terceira tempada consecutiva
Por Redacción |