Un gol do Móstoles no 92 bota por terra a remontada do Pontevedra (2-2)

Por Diego Espiño
Segunda xornada de liga e segunda ocasión que ao Pontevedra Club de Fútbol escápanselle puntos que tiña ao seu alcance. Esta vez, un erro defensivo no tempo de desconto fixo inútil a remontada que o equipo protagonizara na segunda metade cos goles de Rufo e Charles, tendo que conformarse de novo cun empate que lles deixa con dous puntos na táboa, lonxe do esperado.
Poucos cambios introduciu de saída Ángel Rodríguez. De feito, a pesar da presenza de Rufo na convocatoria, o dianteiro comezou desde o banco e a única variación con respecto á primeira xornada foi a entrada no once de Alberto Rubio en lugar de Oier. Ao técnico gustáralle a posta en escena ante o Compostela e buscaba repetir sensacións. Con todo no inicio os granates non lograron facerse donos da posesión e do xogo.
Non pasaban apuros, pero faltaba claridade de ideas e fluidez na circulación nun campo que non axudaba a iso. Aínda así as primeiras opcións foron visitantes, porque foi o Pontevedra o primeiro en avisar aos 6 minutos de xogo nun saque rápido de banda de Samu Araújo para Romay, conexión con Charles e deixada para un Álex González que de cara disparaba alto.
O Móstoles tentaba saír rápido e directo nas súas recuperacións, sen acerto, mentres que os pontevedreses facían méritos para marcar no 19 tras un centro desde o costado destro sen rematador en primeira instancia pero que caeu nos pés de Álex. Esta vez o capitán cedeu para Romay que en posición inmellorable dentro da área xutou tamén desviado, sen chegar a esixir ao gardameta.
Sen brillantez pero os granates empezaban a merecer premio, cando pasado o ecuador do primeiro acto Churre concedeu unha falta lateral que parecía evitable. Chupe puxo un gran centro ao segundo pau facendo dubidar á defensa e Gassama fusilou a Álvaro Cortés na primeira chegada local facendo o 1-0.
O gol foi un mazazo para os de Ángel Rodríguez e deu folgos ao cadro madrileño, que no medio das dúbidas creadas na parroquia granate ameazou con facer o segundo nun lío defensivo sen consecuencias.
Así se chegou ao descanso e facíase necesario un cambio. Viuno o técnico e deu refresco ás dúas bandas ofensivas, sacando a Álex González e a Rubio por Oier Calvillo e Martín Diz. A modificación non conseguiu en primeira instancia un gran efecto, polo que pouco despois entraban tamén Samu Santos e Rufo.
O 9 pontevedrés cambioulle a cara ao partido só tres minutos despois e na xogada máis inesperada. Pelexou un enviou longo contra dous defensores, que se fixeron un lío vendo como Rufo roubáballes a carteira e picaba con calidade ante a saída de Tejero facendo o empate.
Sen tempo case para reaccionar, no 70, Oier desbordaba a dous rivais en banda esquerda, gañaba a liña de fondo e servía un preciso centro ao momento de penalti que Charles, cun potente testarazo picado, enviaba ao fondo da rede. Remontada completada e 1-2 no electrónico. O máis difícil estaba feito.
Co marcador en contra o equipo local estirou liñas buscando algunha opción de puntuar. Tamén puido sentenciar Miguel Román nunha clara ocasión en cruzouna demasiado, dando paso a uns últimos minutos de nervios.
Primeiro avisou o Móstoles cunha falta perigosa na medialúa executada por Irizar lixeiramente desviada, e xa no desconto os locais sacaron petróleo dun fallo defensivo granate para empatar. Foi nun envío en longo que colleu descolocada á defensa. Álvaro Cortés saíu en falso deixando a Obama a porta baleira. Soto case milagrosamente evitou por dúas veces o remate pero á terceira Portilla non perdoaba facendo o definitivo 2-2.
Xerro de auga fría para un Pontevedra que contaba coa vitoria para empezar a coller impulso na clasificación e que agora chegará á terceira xornada aínda sen gañar e xa con certas urxencias.
CD MÓSTOLES (2): Tejero, Gassama (Álvaro Sánchez, min.80), Tito, Juancar, Chuoe, Portilla, Mantovani (Recalde, min.63), Alexander (Guito, min.77), Ledesma (Irizo, min.80), Fernando (Obama, min.63), Toni.
PONTEVEDRA CF (2): Álvaro Cortés, Seoane, Soto, Churre, Samu Araújo (Samu Santos, min.56), Javi Rey, Romay (Rufo, min.56), Brais Abelenda, Álex González (Martín Diz, min.46), Rubio (Oier Calvillo, min.46), Charles (Miguel Román, min.82).
Árbitro: Daniel Clemente Marrique, auxiliado nas bandas por Sosa Mesa e Prado Saavedra (Comité tinerfeño). Amoestou a Gassama, Toni e Ledesma no Móstoles e a Oier Calvillo no Pontevedra.
Goles: 1-0 Gassama (min.25); 1-1 Rufo (min.66); 1-2 Charles (min.70); 2-2 Portilla (min.92).
Incidencias: Partido da segunda xornada de liga no Grupo I da Segunfa RFEF disputado no campo de El Soto, Móstoles.
Relacionadas:
-
O Pontevedra salva un punto despois de regalar a primeira parte ao Arenteiro (2-2)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra inmólase e cae contra o Leganés B (1-2)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra recibe o Leganés B coa dúbida de Samu Araújo e o deber de "mellorar nas dúas áreas"
Por Diego Espiño |
-
As probas a Samu Araújo confirman unha sobrecarga muscular
Por Diego Espiño |
-
Rufo renova co Pontevedra ata 2024
Por Diego Espiño |
-
Pendentes do abdutor de Samu Araújo
Por Diego Espiño |
-
A gran dúbida do Pontevedra en Móstoles: Charles e Rufo xuntos en ataque?
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero recoñece que o Pontevedra tentou fichar a Bicho e Mohedano: "Pelexouse por eles e non puido ser"
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino xa exerce como xogador do Pontevedra: "Non sei o tempo que me vai a custar chegar á miña mellor versión"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra deixa escapar ante o Compostela o triunfo que mereceu na primeira parte (1-1)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |