Preocupación no Arosa polas lesións de xeonllo de Álex Cobo e Róber
Por Redacción
A estrea do Arosa SC na Segunda RFEF, despois de dúas xornadas, non puido ser mellor no deportivo para o cadro arlequinado, colíder con seis puntos de seis posibles.
Con todo o triunfo por 0-2 no campo do Marino de Luanco deixou un sabor agridoce no equipo de Vilagarcía polas lesións de dous xogadores importantes como Róber e o gardameta Álex Cobo.
En ambos os dous casos a preocupación é importante ante os xestos de dor vistos sobre o terreo de xogo, e ao tratarse de lesións de xeonllo que poderían ser de gravidade.
O primeiro en lesionarse cando pasaran pouco máis de 10 minutos de xogo foi Róber, nunha pugna cun rival na que notou unha forte picada no seu xeonllo dereito nun mal apoio. Pola súa banda Álex Cobo danouse a mesma articulación á media hora tras realizar unha parada a un disparo afastado do Marino, abandonando o terreo de xogo en padiola.
A gravidade de ambas as accións pode intuírse coas imaxes do partido compartidas polo programa En Xogo da Televisión de Galicia.
Gran triunfo a domcilio do @AROSASCOFICIAL que gañou 0-2 no campo do @MarinoLuanco ‼️
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 13, 2021
Golazo de Julio Rey @Julio_Rey10 pic.twitter.com/gLgzbp9FZq
Tanto Álex Cobo como Róber quedan agora pendentes de exploración médica e de poder realizar as probas pertinentes para coñecer o alcance exacto das doenzas, aínda que a súa ausencia para as próximas semanas polo menos xa se dá por segura no plantel adestrado por Jorge Otero.
Relacionadas:
-
O gardameta Álex Cobo volve ao traballo co Arosa tras superar a súa lesión de menisco
Por Redacción |
-
Os xogadores do Arosa Róber e Álex Cobo pasarán polo quirófano o día 30
Por Redacción |
-
Empate que sabe a pouco a un Arosa que mereceu máis contra o Llanera (0-0)
Por Almu Dapena |
-
Malas noticias no Arosa: Róber ten roto o cruzado e Álex Cobo o menisco
Por Redacción |
-
Pleno de vitorias para o Arosa no arranque de liga, a última en casa do Marino de Luanco (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Presentación en barco para Alberto Martín, un dos xogadores do Arosa "máis importantes dos últimos anos"
Por Redacción |
-
Un gol de Ross dá os tres primeiros puntos ao Arosa na 2ª RFEF
Por Redacción |