Experiencia rusa para o Galaico Sincro
Por Redacción
A nova tempada deportiva comezou este mes de setembro no Club Galaico SIncro, e fíxoo con novidades.
O club pontevedrés conta cunha nova incorporación para o seu equipo técnico, ao que se suma Vitoria Bogma.
Trátase dunha ex-nadadora rusa e adestradora nacional que espera achegar a súa experiencia para continuar a liña de crecemento do club.
Bogma substitúe no cargo a Paula Santiago, que abandona a entidade despois de varios anos.
No novo curso o Galaico Sincro conta con medio cento de nadadoras, aínda que mantén aberto o período de captación con xornadas de balde ata final de mes que se poden concertar no teléfono 655 469 300.