O Concello traballa na reactivación das escolas deportivas para o mes de outubro
Por Redacción
O Concello de Pontevedra quere reactivar as escolas deportivas municipais no mes de outubro. O titular de Deportes, Tino Fernández, explicou este xoves que xa teñen listos todos os protocolos e que só esperan a que a Xunta actualice o seu protocolo para as actividades non federadas para poder comezar cos trámites.
"O problema co que nos estamos atopando neste momento é un problema de protocolo da Xunta. As actividades non federadas teñen unha limitación de seis rapaces en ámbito pechado e de dez en ámbito aberto, o que limita moitísimo as posibilidades de desenvolver as Escolas Deportivas para a maior parte dos clubs de Pontevedra, tanto polo número de monitores necesarios como polos horarios e o espazo precisos para poder realizalas", detallou o concelleiro instando á Xunta a modificar esta norma.
En relación ao posible acceso de público ás instalacións deportivas, o edil socialista fixo referencia ao protocolo que obriga a desinfectar as bancadas entre partido e partido para xustificar a decisión de non permitir a entrada de familiares a estes recintos deportivos. "No caso dos equipos de base, si asumimos que entre público, por exemplo, ao partido que se xoga ás 10:00 horas, en canto acabe ese encontro teriamos que parar e desinfectar antes de que entrasen os do seguinte. Se deixamos entrar aos pais e nais do partido das 10:00 horas, ou ben atrasamos tódolos partidos e perdemos horarios ou non podemos deixar entrar aos pais e nais das 11:30 horas e iso sería un agravio comparativo", xustificou pedindo paciencia e comprensión aos pais e coa esperanza de que as circunstancias permitan modificar estes protocolos no menor tempo posible.
Relacionadas:
-
Rexistradas medio milleiro de solicitudes no primeiro día de inscrición das escolas deportivas municipais
Por Redacción |
-
O Concello anuncia a apertura de inscricións para as escolas deportivas municipais
Por Diego Espiño |
-
Pais e nais condenados, polo momento, a ver os partidos dos seus fillos desde a rúa
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O Concello aprobará o luns as subvencións para as escolas deportivas, que empezarán en outubro
Por Redacción |
-
A Deputación inicia unha nova edición do programa Deporte-Escolas con nove modalidades deportivas
Por Redacción |
-
A concellería de Deportes recibe solicitudes de 67 clubs para as subvencións anuais de 2019
Por Redacción |