Malas noticias no Arosa: Róber ten roto o cruzado e Álex Cobo o menisco
Por Redacción
A resonancia magnética á que foron sometidos Róber e Álex Cobo tras as súas preocupantes lesións de xeonllo o pasado domingo en Luanco confirmaron algúns dos peores temores no Arousa.
Ambos os dpus xogadores estarán afastados un tempo dos terreos de xogo e deberán pasar polo quirófano, aínda que especialmente grave é o caso de Róber.
O atacante sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito, segundo confirmou o seu club, sendo o período de baixa estimado para esta doenza de entre seis e oito meses. Todo un pau para un futbolista importante nos plans de Jorge Otero.
Menos grave, aínda que non por iso deixa de ser importante, é a lesión do Álex Cobo. Segundo explica o Arosa o gardameta sofre unha rotura no menisco externo do seu xeonllo, sen afectación nos ligamentos. No seu caso deberá someterse a unha artroscopia que esperan desde a entidade arlequinada póidase acometer nos próximos días para acurtar no posible o seu tempo de baixa, estimada en mes e medio ou dous meses en función da súa evolución.
Relacionadas:
-
O gardameta Álex Cobo volve ao traballo co Arosa tras superar a súa lesión de menisco
Por Redacción |
-
Os xogadores do Arosa Róber e Álex Cobo pasarán polo quirófano o día 30
Por Redacción |
-
Un fungo dana o céspede da Lomba, que debe estar recuperado para a próxima xornada
Por Redacción |
-
Empate que sabe a pouco a un Arosa que mereceu máis contra o Llanera (0-0)
Por Almu Dapena |
-
Preocupación no Arosa polas lesións de xeonllo de Álex Cobo e Róber
Por Redacción |
-
Pleno de vitorias para o Arosa no arranque de liga, a última en casa do Marino de Luanco (0-2)
Por Almu Dapena |