Valdetires Ferrol-Poio Pescamar e Viaxes Amarelle-Marín Futsal na primeira rolda da Copa da Raíña
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar e o Marín Futsal xa coñecen aos que serán os seus rivais na primeira rolda da Copa da Raíña de Fútbol sala 2020/2021.
A diferenza da pasada tempada, na que tan só houbo unha final a catro, este ano contará cun formato que incluirá máis equipos. Segundo explicou a Real Federación Española de Fútbol, a primeira rolda corresponderá aos dezaseisavos de final e disputarana os equipos clasificados de Segunda División contra os equipos de Primeira. Celebrarase o próximo 8 de decembro e será a partido único. Neste caso, o conxunto de menor categoría será o que exerza como local.
Unha vez superado o primeiro trámite, haberá unha nova eliminatoria da que sairán os oito equipos que xogarán a Fase Final. Os clasificados disputarán os seus respectivos duelos nunha mesma sede que albergará os catro encontros de cuartos de final, dúas semifinais e unha final.
No caso da primeira jornada, a RFEF aclarou que os cruces se han decidido por proximidade, polo que o Poio Pescamar deberá visitar ao Valdetires Ferrol e o Marín Futsal ao Viaxes Amarelle.
Pola súa banda, o vixente campión, o Pescados Rubén Burela, visitará ao Sporting Cider Rodiles e o Ourense Envialia ao recentemente descendido Cidade das Burgas, asegurando un derbi en grao sumo interesante na comarca ourensá.
O resto de duelos serán: Intersala Promesas-Sala Zaragoza, La Concordia- Penya Esplugues, Feme Castellón- Vistelche Joventut d'Elx, Xaloc Alacant-Universidad de Alicante, Futsal Alcantarilla- Roldán, Básico Rivas-Melilla Sport Capital Torreblanca, Deportivo Córdoba-Atlético Torcal, Gran Canaria Teldeportivo- Futsi Atlético Navalcarnero, Almagro-Rayo Majadahonda, Txantrea-Leganés, Dulces París La Algaida-Móstoles e Lles Cors- Alcorcón.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar faise co derbi contra o Marín Futsal (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Marín Futsal planta cara o Atlético Navalcarnero no seu debut en Primeira División (2-3)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Inicio de liga impecable para o Poio Pescamar goleando o Alcorcón (1-5)
Por Almu Dapena |
-
Comeza unha tempada de ilusión para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Silvia Aguete, Luci e Jenny Lores, citadas a unha concentración coa Selección Española
Por Redacción |
-
Os penaltis deixan o Poio Pescamar sen Trofeo Internacional de Cartelle
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal empezan a preparar o seu primeiro ano xuntos na elite
Por Manu Otero |
-
Definida a Copa Galicia de fútbol sala, coa súa fase final prevista en Marín
Por Redacción |