Alexis Viéitez gaña a XXI edición da Subida a Escusa
Por Redacción & Cristina Saiz
A popular Subida a Escusa regresou esta fin de semana a Poio para celebrar a súa XXI edición nun ano no que ademais se estreou como cita puntuable para a Copa de España de Escuderías.
Os motores dos máis de 60 participantes empezaron a quentar o sábado ás 15:30 horas cunha pasada de adestramento para, a continuación, correr as dúas mangas cronometradas oficiais.
A programación do domingo foi a mesma que a da véspera, pero esta vez celebrouse en xornada matinal, a partir das 9:30 horas.
Co seu Norma M20 B, Alexis Vieitez foi o dono e señor da competición, completando en primeira posición todas e cada unha das carreiras disputadas a fin de semana, tanto as da xornada do sábado como as do domingo e facéndose co primeiro posto na clasificación cun crono total de 4:05, a 12 minutos do segundo clasificado.
Nesta ocasión, Daniel Rodríguez (Speed Car GT 1000) seguiu a Vieitez no podio. Rodríguez, que na primeira xornada de competición non logrou os tempo esperados, remontou posicións nas últimas mangas para chegar en segundo lugar cun tempo total de 4:18 na xeral.
Pola súa banda, Alfonso Ventín tivo que conformase co terceiro posto cando tiña o segundo no bote. Así, con 4:18 de tempo ás súas costas, o condutor do Semog Bravo completou o podio da XXI edición da popular Subida a Escusa.
Consulta os resultados da XXI Subida a Escusa
Relacionadas:
-
A Subida A Escusa fixa a data da súa 22 edición repetindo no calendario nacional
Por Diego Espiño |
-
A Subida a Escusa, preparada para estrearse no calendario nacional "co mesmo trazado de sempre"
Por Diego Espiño |
-
As subidas da Escusa e Ponte Caldelas pasan a formar parte do Campionato de España de Montaña
Por Diego Espiño |
-
Retomar as subidas á Escusa e a Ponte Caldelas no 2021, obxectivo da escudería organizadora
Por Manu Otero |