O rugby volve á escola
Por Redacción
O rugby regresa este ano ás escolas. Os dous equipos da cidade, despois dun ano sen practicamente actividade pola pandemia, regresan este ano cargados de novidades. A principal é a volta das categorías inferiores do Mareantes, ausentes desde o ano 2014. Pero tamén o Pontevedra Rugby Club recupera os adestramentos para os seus deportistas da base no campo de Monte Porreiro.
No caso do Mareantes, a directiva segue inmersa no proceso de captación de novos talentos e xa ten asegurada a inscrición dun equipo de categoría sub 14 en Liga Galega. Ademais, dado que non existen categorías máis baixas, o club organizará concentracións periódicas para que realizar adestramentos cos equipos sub 6 sub 8 sub 10 e sub 12.
Pola súa banda, o Pontevedra Rugby Club tamén ten en marcha unha escola de rugby para nenos de 4 a 11 anos e categorías inferiores de 12 a 18 anos, que complementan aos dous equipos sénior masculino e feminino.
Calquera mozo ou moza interesado en probar este deporte só ten que poñerse en contacto con algunha destas dúas entidades para recibir unha invitación e empezar a gozar deste deporte.
Doutra banda, a xunta directiva do Mareantes fai oficial o nomeamento de Roberto Fontán como novo presidente en substitución de Francisco Lusquiños.
Relacionadas:
-
O Mareantes lanza unha rompedora campaña para ampliar a súa base
Por Redacción |
-
O rugby pontevedrés deixa atrás o seu ano 'horribilis'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra Rugby Club, a consolidar o seu proxecto feminino
Por Redacción |
-
O Concello aprobará o luns as subvencións para as escolas deportivas, que empezarán en outubro
Por Redacción |
-
A Deputación inicia unha nova edición do programa Deporte-Escolas con nove modalidades deportivas
Por Redacción |
-
A Xunta asina os contratos de patrocinio con 43 equipos da área de Pontevedra
Por Redacción |