O Supermercados Froiz afronta en Estremadura o inicio da recta final da tempada
Por Redacción
O calendario ciclista toca ao seu fin e o Grupo Depportivo Supermercados Froiz afronta a recta final da súa tempada. Os corredores da escuadra alimenticia disputan esta fin de semana a volta ciclista a Estremadura, que consta de tres etapas nas que os portos de montaña xogarán un papel transcendental.
A primeira delas entre Monasterio e Olivenza consta de 133 quilómetros de percorrido e dúas subidas puntuables de segunda e terceira categoría. A segunda xornada, entre Montiel e Trujillo, serán 135 quilómetros rompepiernas cunha soa cota puntuable de terceira categoría. O domingo terá lugar a etapa definitiva de 140 quilómetros, na que o pelotón deberá afrontar o ascenso ao porto do Piornal, de primeira categoría, para finalizar con outra subida de segunda categoría.
O equipo elixido por Evaristo Portela para esta competición compóñeno Pablo Alonso, Ivan Martinez, Diego Cano, Ramon Fernandez, Victor Etxeberria e Javier Chacón.
Relacionadas:
-
Dobre podio para o Froiz na contrarreloxo de Baños de Molgas
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz confórmase co segundo posto por equipos na Volta a Galicia
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz pon fin a unha semana inesquecible cun quinto posto de Pablo Alonso na Volta Comarca Brigantina
Por Redacción |