Poio Pescamar e Burela repártense os puntos nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Poio Pescamar e Burela repartíronse os puntos despois de asinar un empate a un no derbi galego deste sábado. Foi un duelo de alta voltaxe, ao que ambos os conxuntos chegaban invictos despois de gañar os seus primeiros encontros de tempada mostrando unha imaxe digna de enmarcar e que deixa ver o gran nivel no que se atopan (1-1).
O derbi comezou con gran intensidade, Peque tiña a primeira para o Burela nun man a man con Caridad e o Poio facía o propio replicando na área de Luisa.
Ata aí chegaron as ocasións máis claras dos primeiros minutos, cando os dous equipos se replegaron moi ben en defensa pechando espazos para evitar as chegadas do rival.
Pero foi o equipo vermello o que foi gañando confianza, primeiro co gol de Dani Sousa, que bateu po baixo a Sandra despois dunha gran xogada persoal de Ana Rivera, que fixo de asistente. Xusto despois, Jane e Sousa tentábano pero sen atopar portería.
Co 1-0 comezou a segunda parte. O Burela, con Jozi, interceptaba o pase entre Luci e Jane, e as visitantes responderon con remates de Cami e Dany que non viron gol.
Si chegou no minuto 30 de xogada estratéxica. Leti sacou de banda cara a Emilly Marcondes, que bateu a Caridade igualando a contenda.
Xa na recta final, ningún equipo quería arriscar, pero foi o Burela o que gozou da ocasión de facer o segundo tanto cun disparo de Elenita.
Finalmente, empate a un gol e reparte de puntos entre dúas escuadras que optan por loitar polo play- off polo título de liga.
POIO PESCAMAR (1): Caridad; Irene, Luci, Ana Rivera e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Jane, Luísa Mayara, Julia Dupuy, Anna Escriano e Agostina Chiesa.
BURELA FS (1): Sandra Buzón; Peque, Cami, Bea Mateos e Emilly Marcondes (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ale de Paz, Dany, Leti, Elena Aragón, Cilene, Jozi (segunda porteira) e Elenita.
Goles: 1-0, min. 14 Dani Sousa. 1-1, min. 29 Emilly Marcondes.
Incidencias: Pavillón A Seca. Uns 120 espectadores. Colexiados, Darriba Villamor e Vilas López do colexio galego. Amoestaron a Dany, Jozi no Burela e a Anna Escribano no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Segunda derrota consecutiva do Poio Pescamar tras caer contra o Universidad de Alicante (1-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Tropezo do Poio Pescamar contra o recentemente ascendido Atlético Torcal (3-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Silvia, Caridad e Luci, convocadas pola Selección Española para a fase previa do Europeo
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar faise co derbi contra o Marín Futsal (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |