O balón parado non é suficiente para un Arosa necesitado de gol (2-0)
Por Almu Dapena
O Arosa xa non está invicto. Gañaran os dous primeiros encontros da tempada e empatado o último, pero o equipo arlequinado non podo facer nada para superar á Gimnástica Segoviana en La Albuera nun partido pouco vistoso no que houbo poucas ocasións e as únicas claras para os de Jorge Otero foron de Mon a balón parado. Rafa Llorente adiantou aos locais aos 16 minutos de xogo e Szymanowski sentenciou no desconto.
A primeira oportunidade do partido foi aos cinco minutos e para o Arosa. Mon, de libre directo, sacou un disparo axustado ao pau dereito Pablo Carmona, que realizou unha gran estirada para evitar o gol e enviar o balón a córner.
Pero tras o pequeno susto a Gimnástica Segoviana deu un paso adiante, levando a batuta do xogo e xerando perigo na área de Manu Táboas, protexido por unha zaga moi activa e atenta que procuraba manter a portería a cero.
Con todo, aos 16 minutos, tras unha xogada aos tombos, Rafa Llorente foi o máis listo da cancha e pateou de primeiras desde a frontal cara á portería arlequinada, desde onde marcou un auténtico golazo co que adiantou ao equipo local. Por primeira vez no que ía de liga, ao Arosa tocáballe remar ao contraxeito.
Tentaron facerse co balón os xogadores dirixidos por Jorge Otero, pero o xogo retardouse e ningún equipo foi capaz de xerar perigo ata os instantes finais. Xa na recta final, o equipo arlequinado tivo a opción de igualar a contenda cunha falta lateral que Mon colocou ao segundo pau, pero non houbo rematador e o colexiado pitou para enviar o encontro ao seu descanso.
Despois do paso polos vestiarios, concretamente aos 10 minutos de xogo, Mon volveu aparecer para tentar devolver as táboas ao marcador pero, unha vez máis, Pablo Carmona sacou a man para evitar o tanto arlequinado.
Moveu ficha Jorge Otero dando entrada a Pablo Porrúa e Luís Nuño, que substituíron a Pedro García e Julio Rey, buscando dar aire fresco a un Arosa necesitado de gol e que, cos cambios, buscaba, polo menos, sacar algún disparo entre os tres paus que non fóra a balón parado.
Os minutos pasaban e os visitantes non se atopaban cómodos, mentres a Gimnástica Segoviana aguantaba o resultado cunha defensa moi ben posicionada que se sacaba o esférico de encima buscando aos seus dianteiros á contra.
O Arosa non daba para máis e, xa no tempo de desconto, Szymanowsky roubou a carteira á defensa arlequinada no centro do campo e correu sen oposición ata onde se atopaba Manu Táboas, ao que bateu de vaselina para sentenciar.
Relacionadas:
-
O Arosa non pode co invicto Avilés (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Luismi conduce o Arosa cara á vitoria sobre o Navalcarnero (1-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O líder Unión Adarve remonta un gol de Pedro Beda para derrotar o Arosa (2-1)
Por Almu Dapena |
-
O Arosa, a recobrar impulso no campo do líder Unión Adarve: "Ninguén dixo que isto ía ser fácil"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa debilítase contra o Coruxo (0-1)
Por Almu Dapena |
-
O Arosa busca furgar na ferida dun Coruxo que non coñece a vitoria
Por Redacción |
-
Os xogadores do Arosa Róber e Álex Cobo pasarán polo quirófano o día 30
Por Redacción |
-
Un fungo dana o céspede da Lomba, que debe estar recuperado para a próxima xornada
Por Redacción |
-
Empate que sabe a pouco a un Arosa que mereceu máis contra o Llanera (0-0)
Por Almu Dapena |
-
Pleno de vitorias para o Arosa no arranque de liga, a última en casa do Marino de Luanco (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Un gol de Ross dá os tres primeiros puntos ao Arosa na 2ª RFEF
Por Redacción |