O debut do TM Monte Porreiro en Europa xa ten data e sede: 22 e 23 de outubro na República Checa
Por Diego Espiño
O Tenis de Mesa Monte Porreiro está xa a menos dun mes do seu histórico debut en competición europea, concretamente na ETTU Cup que pasa por ser a segunda competición continental en importancia.
O club pontevedrés traballa estes días na organización da viaxe para a histórica cita, tras comunicar a Federación Europea que o Grupo B da competición no que quedou encadrado terá como sede a cidade de Ostrov, na República Checa.
Ata alí desprazarase o equipo adestrado por Nando Álvarez, que xa coñece ademais aos dous equipos procedentes da Champions League cos que se medirá e que se unen aos dous opoñentes que xa coñecía (o Fortune Kyiv ucraíno e o Logis Auderghem TT belga). Trátase do anfitrión da xornada, o HB Ostrov, campión da liga checa en catro ocasións e con tres participacións na máxima competición europea, e o GDCS Juncal portugués, das Azores concretamente.
"Creo que o nivel vai estar bastante parello. O Ostrov si que está por encima, está moi complicado, pero ao resto non os vexo superiores", recoñece con ilusión o técnico do Monte Porreiro.
Os pontevedreses deberán viaxar con varios días de antelación á República Checa cumprindo un estrito protocolo de prevención contra a covid. Unha vez alí enfrontaranse o venres 22 de outubro (12.00 horas) ao HB Ostrov e ao GDCS Juncal ás 19.00 horas, mentres que o sábado 23 de outubro veranse as caras co Fortune Kyiv ás 12.00 horas e co Logis Auderhgem TT ás 19.00 horas.
Tras os partidos avanzarán á seguinte rolda os dous primeiros clasificados, mentres que o terceiro e o cuarto pasarán a xogar a Trophy Cup, nova competición europea, e o quinto quedará eliminado.
Aínda que sen presión polos resultados "para os mozos é unha ilusión tentar pasar de rolda", explica Nando Álvarez, e para iso "temos que ir con ganas de facer algo importante pero ir partido a partido".
Relacionadas:
-
Sorteados os grupos da Europe Cup, na que participará por segundo ano o TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro renuncia ao soño europeo da Trophy Cup: "É unha decisión moi dura"
Por Diego Espiño |
-
Esforzo sen recompensa para o Monte Porreiro na primeira xornada do seu histórico debut en Europa
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro pon rumbo á República Checa para debutar en Europa "sen presión"
Por Diego Espiño |
-
Paso á fronte do equipo feminino do TM Monte Porreiro coa incorporación de Claudia Canay
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro coñece aos seus primeiros rivais europeos
Por Diego Espiño |
-
O internacional Míguel Ángel Vílchez e o ruso Ilia Isakov, reforzos do Monte Porreiro para o seu desafío europeo
Por Diego Espiño |
-
Salto cara a Europa do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que xogará a ETTU Cup: "É un feito histórico na cidade"
Por Diego Espiño |
-
Ilusión no TM Monte Porreiro ante a posibilidade de debutar en competición europea
Por Diego Espiño |