A Raña estrea un novo sistema de retransmisión por streaming
Por Redacción
O deporte marinense estreou a fin de semana unha nova ferramenta, que permitirá aos clubs da localidade ofrecer retransmisións dos seus partidos.
Trátase dun novo sistema de retransmisión por streaming que se instalou no pavillón da Raña.
O sistema, instalado por unha empresa local, consta dunha cámara para o marcador e outra para a zona de xogo.
O Concello de Marín avanza que se coordinará agora cos clubs que queiran usar este servizo, que estará dispoñible a través da plataforma Youtube.