Lalo Suárez, novo delegado da Escola Galega de Adestradores en Pontevedra
Por Redacción
A Escola Galega de Adestradores ten novo delegado en Pontevedra. Trátase de Lalo Suárez, que substitúe no cargo a Pacho Oliveira tras a súa renuncia para afrontar un novo reto no estranxeiro.
Suárez leva dúas décadas traballando en clubs de base da comarca, e ademais foi árbitro durante tres anos e xogador en equipos como o Pontevedra CF, Marín, Vilalonga, Céltiga ou Sanxenxo. Actualmente é coordinador deportivo do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra e seleccionador galego sub-12 masculino.
O novo delegado estivo arroupado na súa presentación polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o presidente do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela.
Lalo Suárez recoñeceu estar "ilusionado e agradecido por esta oportunidade" e eloxiou o traballo do seu antecesor. "Traballarei para continuar co gran legado que nos deixa", sinalou.