Rexistradas medio milleiro de solicitudes no primeiro día de inscrición das escolas deportivas municipais
Por Redacción
Despois de máis dun ano de inactividade, o primeiro día de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais recibiu un aluvión de solicitudes.
Segundo confirmou o Concello de Pontevedra na primeira xornada co prazo de anotación aberto rexistráronse 514 peticións, das que 210 correspondían a nenas e 304 a nenos.
Cabe lembrar que este curso ofértanse preto de 2.000 prazas en modalidades deportivas como o atletismo, bádminton, baloncesto, rugby, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima, tenis, tenis de mesa, pádel, judo, taekwondo, ximnasia rítmica, ximnasia acrobática, ximnasia trampolín, orientación deportiva, escalada e xadrez.
O prazo de anotación, a través da plataforma apuntate.pontevedra.gal, permanecerá activo ata as 10.00 horas do próximo luns 11 de outubro.
Do mesmo xeito que en anos anteriores o custo de participación nas escolas é de 50 euros por neno para toda a tempada.
Relacionadas:
-
O PP denuncia "falta de previsión" nas escolas deportivas municipais ao deixar fóra a novas entidades
Por Redacción |
-
As escolas deportivas municipais pechan o período inscrición sen cubrir todas as súas prazas
Por Redacción |
-
O Concello anuncia a apertura de inscricións para as escolas deportivas municipais
Por Diego Espiño |
-
O Concello aprobará o luns as subvencións para as escolas deportivas, que empezarán en outubro
Por Redacción |
-
O Concello traballa na reactivación das escolas deportivas para o mes de outubro
Por Redacción |