As escolas deportivas municipais pechan o período inscrición sen cubrir todas as súas prazas
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pechou o prazo de preinscrición ás escolas deportivas municipais que impulsa coa colaboración dos clubs da cidade.
Segundo confirmou o goberno local este período pechouse con 1.250 solicitudes formuladas, lonxe por tanto das 2.000 prazas ofertadas nunha vintena de modalidades deportivas.
En concreto ofertáronse prazas en atletismo, bádminton, baloncesto, rugby, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima, tenis, tenis de mesa, pádel, judo, taekwondo, ximnasia rítmica, ximnasia acrobática, ximnasia trampolín, orientación deportiva, escalada e xadrez.
Agora o Servizo Municipal de Deportes abre un período de reclamacións á listaxe provisional de admitidos en cada escola deportiva que finalizará o vindeiro xoves 14 de outubro ás 14.30 horas.
Unha vez superado este trámite deberá completarse ademais a inscrición definitiva coa entidade deportiva que xestione cada escola. Todo iso cun custo de participación de 50 euros anuais por neno.
Será entón cando darán comezo os adestramentos, a partir do próximo luns 18 de outubro, tras máis dun ano sen esta actividade, paralizada o pasado curso pola covid.
Relacionadas:
-
Lores promete mellores instalacións municipais para o deporte da escalada
Por Manu Otero |
-
O PP denuncia "falta de previsión" nas escolas deportivas municipais ao deixar fóra a novas entidades
Por Redacción |
-
O alcalde Lores recibe no Concello á gran mestra de xadrez arxentina, Claudia Amura
Por Manu Otero |
-
Rexistradas medio milleiro de solicitudes no primeiro día de inscrición das escolas deportivas municipais
Por Redacción |
-
O Concello anuncia a apertura de inscricións para as escolas deportivas municipais
Por Diego Espiño |