A Verdura, primeira parada das celebracións do Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción
As celebracións polo 80 aniversario do Pontevedra Club de Fútbol, este sábado 16 de outubro, comezarán nun lugar emblemático para a afección como é a Praza da Verdura.
O club convocou aos seus seguidores para sumarse á festa previa que dará comezo ás 12.00 horas e que concluirá a tempo para cruzar o río e ir ao Estadio Municipal de Pasarón para ver o encontro de liga que medirá ao equipo pontevedrés coa UD Llanera a partir das 19.00 horas.
"Volvamos tinguir de granate a Praza da Verdura", pediu o Pontevedra, aínda que "sen perder de vista a normativa vixente".
Volvamos tinguir de granate a praza da Verdura (sen perder de vista a normativa vixente ).
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) October 14, 2021
¡Tamén poderás mercar entradas para o encontro das 19.00, rifas para un agasallo de FROIZ que se sorteará durante o partido e lotería de Nadal do club!#TAG#HaiQueRoelo
Durante esta celebración previa á xornada de liga o club convidará a un primeiro barril de cervexa nos locais O Baúl, Os Carballos e Pintxo Viño.
Ademais poderanse comprar entradas para o choque ante a UD Llanera e participar nunha rifa para un agasallo doado por Froiz.
CHARLA DIXITAL CON EX XOGADORES DE VARIAS ÉPOCAS
Os actos polo 80 aniversario granate arrincan xa este venres cunha charla dixital na canle de Youtube do club moderada polo xornalista Xabier Fortes e no que participarán figuras históricas da entidade como o ex xogador e adestrador Milucho ou os tamén ex futbolistas Fede Bahón, Tonino e Pablo Couto, este último xogador que máis veces defendeu ao Pontevedra en competición oficial e tamén máximo goleador histórico.
Relacionadas:
-
Regueiro de felicitacións en redes sociais ao Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Pontevedra festexa, Charles e Rufo golean (3-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez: "Pediríalle á afección que teña paciencia, que estea a carón do equipo"
Por Diego Espiño |
-
Rebaixa nas entradas do Pontevedra para celebrar o seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Charles, mellor xogador do mes no Pontevedra: "Agora son o xogador de área que sempre fun, e nótase"
Por Diego Espiño |
-
Charles, consolidado no top-10 histórico do Pontevedra e subindo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra atopa o camiño: "Un equipo serio que non concede dá moita tranquilidade de medio campo para arriba"
Por Diego Espiño |
-
Vitoria para crecer dun sólido Pontevedra en Luanco (0-3)
Por Diego Espiño |