Exhibición dos biberóns do Vilalonga e o Sport 2017 para inaugurar o campo de fútbol do Revel
Por Redacción
Os equipos biberóns do Vilalonga C. F. e do Sport 2017 inauguraron este venres o renovado céspede do campo de fútbol de O Revel.
O acto comezou ao redor das 18:00 horas e acudiron o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, que asegurou que "foi un partido para pasalo ben e gozar do novo céspede. Non foi unha competición por iso se elexiu aos máis pequenos que ademais representan ou futuro do noso fútbol". Tamén asistiron xogadores doutras categorías do propio Vilalonga e doutros clubs municipais
Aproveitando o cambio de céspede, o goberno local tamén mellorou as instalacións co pintado de valos, bancadas e bancos, así como o cambio de redes das porterías. O investimento ascende a máis de 6.000 euros.
Aínda que a colocación do céspede concluíu hai semanas, hai uns días someteuse ás probas para lograr o certificado de homologación da FIFA, onde valoraron a reacción da pelota sobre o terreo (bote e esvaramento), así como a seguridade para os xogadores (abrasión da pel, rotación do pé, absorción do choque, deformación vertical).
A compañía encargada de instalar o céspede tamén traballou nos campos do Paris Saint-Germain Football Club ou da Cidade Deportiva do Fútbol Club Barcelona.
Para esta actuación o Concello investiu 288.208 euros a través da modalidade de renting nun período de cinco anos para o reacondicionamiento.