Triunfo para o Waterpolo Pontevedra no seu reencontro coa Liga Galega
Por Redacción
Máis dun ano e medio despois, o Club Waterpolo Pontevedra volveu participar nunha xornada da Liga Galega de Waterpolo, e fíxoo conseguindo un triunfo fronte ao CW Coruña Rías Altas.
Aínda que actuaba de visitante, o encontro disputouse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra pola imposibilidade por parte da entidade coruñesa de dispoñer de piscina. Iso si, disputouse sen público xa que os deportistas das tres categorías de ambos os dous clubs que ían competir xa cubría case na súa totalidade o aforo dispoñible.
Trátase do partido inaugural da División de Honra Masculina, no que os xogadores adestrados por Javi de Sáa comezaron con nervios e algúns erros para irse entoando co paso dos minutos e dominar o electrónico xa no primeiro cuarto (1-3).
A diferenza en favor dos pontevedreses seguiu ampliándose cun 4-10 ao comezo do terceiro parcial e ata o final, cun Pontevedra que sufriu máis do que reflicte o marcador definitivo de 10-17.
A pesar de todo gran estrea do Pontevedra, que non volverá xogar en liga ata o 7 de novembro ante o CW Lugo.
A xornada completouse con outros dous partidos na Liga Galega Infantil, con vitoria pontevedresa por 6-14, e outro da Liga Galega Cadete, que finalizou con empate a 11 goles.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra inicia o ano con liderado na Liga Galega
Por Redacción |
-
O Plan Nacional de Tecnificación Deportiva de Waterpolo aterra en Pontevedra
Por Redacción |
-
Presentación 'máxica' do Waterpolo Pontevedra para a nova tempada
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A "recuperación asombrosa" do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra acusa a falta de rodaxe na súa primeira competición en 18 meses
Por Redacción |